Vilaseca (Riotorto) celebra as festas na honra a San Xosé e á Nosa Señora o 15, 16, 19 e 22 de marzo. O sábado 15 de marzo haberá misa solemne ás 13.30 horas, procesión e sesión vermú coa orquestra Poceiro; e á noite, festa verbena coas orquestras Poceiro e Player’s. O domingo 16 de marzo haberá misa solemne ás 14.00 horas, procesión e sesión vermú coa orquestra Alma Latina. Pola súa banda, o mércores 19 de marzo haberá misa solemne ás 13.30 horas. E, finalmente, o sábado 22 de marzo haberá misa solemne ás 13.30 horas seguida dunha comida veciñal que rematará cunha festa verbena coa orquestra Fantasía. O campo estará cuberto por unha carpa.
Festas en Vilaseca
Festas en Vilaseca
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón