Un ano máis, a Asociación Cultural Saíñas celebra a Festa do Lacón, sendo este ano a súa IXª edición. Importante acontecemento cultural-gastronómico que se vai desenvolver o vindeiro sábado 22 de marzo a partir das 20:30h. no Pavillón Municipal de Xove.
Está previsto repartir sobre 350 racións, cada ración estará composta por: sopa, lacón, chourizo, pataca, pan, bebida e, de sobremesa, unha chocolatada; polo que é unha boa e moi barata opción para cear ese día, e degustar un menú tan típico das nosas terras. Esta ración terá un prezo de 7 euros en venda anticipada e de 8 euros o mesmo día da Festa, e poderanse mercar na entrada do pavillón.
Durante esta cea popular actuarán os máis peques da Asociación Cultural, o grupo dos Cacharelas, e unha vez rematada a cea, todos poderemos bailar e desfrutar con DISCO MÓVIL PEGASO ata altas horas da madrugada. Durante os descansos desta disco móbil realizaranse diferentes sorteos.
A media noite, todos os alí presentes poderán desfrutar tamén dunha chocolatada, acompañada de biscoitos, rosquillas ou madalenas.
A Asociación Cultural Saíñas de Xove, quere agradecer a colaboración de: Concello de Xove, Establecimientos Rey e A Medela CB e Cesáreo Eijo. Así como dos diferentes establecementos que nos doaron produtos para o sorteo como Estética Marta, Peluquería Rosa, Caroa, Suárez y Oliver, Peluquería- Floristería Fina, Restaurante- Pulpería O Refugio.