Lugo, 21 de marzo de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular levará ao próximo pleno provincial unha moción na que solicita a revisión das taxas que asumen tanto concellos como empresas ou particulares pola realización de acometidos ao carón das estradas provinciais ou polo utilización e aproveitamento de bens de dominio público provincial.
En concreto, os populares piden a constitución dunha mesa de traballo para estudar futuras modificacións de dúas ordenanzas fiscais; a que regula as taxas por autorización de obras e outros aproveitamentos en zonas contiguas ás estradas provinciais; así como a que grava a utilización privativa ou o aproveitamento especial dos bens de dominio público provincial.
Os deputados provinciais do Partido Popular entenden necesaria esta análise e actualización das referidas ordenanzas ao considerar que están obsoletas tras máis de 15 anos da súa aprobación e sen ter constancia, por parte dos populares, dunha revisión posterior.
Melloras en beneficio da administración local e dos veciños
A maiores, os populares pedirán esta revisión das normas que regulan as tarifas impostas por expedir autorizacións e realizar actos de utilización privativa ou aproveitamento de bens provinciais ao considerar que se lle poden aplicar novas melloras en beneficio tanto da administración local como dos propios particulares.
Estas ordenanzas gravan, en ocasións, importantes cargas económicas para as persoas físicas, xurídicas ou entidades, e o estudo, por exemplo, dunha posible actualización á baixa leva implícita unha mellora que de xeito indirecto repercutiría de forma moi positiva na economía local e particular.
As administracións públicas teñen o deber de articular todas as fórmulas posibles que velen polos intereses dos veciños e débense converter en verdadeiros entes colaboradores cos cidadáns, sen interpoñer barreiras, de aí a necesidade de estudar todas as melloras posibles nas súas ordenanzas.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



