Os Sendeiros, de Foz, teñen programado unha fin de semana de luxo por Cantabria para os días 25, 26 e 27 de xullo. Os interesados poden anotarse ata finais do mes de abril por un prezo de 150 euros/persoa con todo incluído (entradas ó Parque NAtural de Cabárcenos, Covas Prehistóricas, o Castelo en Puente Viesgo e hotel en pensión completa). Tamén se visitará Santander, Castro Urdiales, Llanes e outros lugares segundo o tempo dispoñible. Mentras tanto, Os Sendeiros organizan a vindeira ruta polas praias de Barreiros e Ribadeo. A ruta das Mareas realizarase o vindeiro domingo 30 de marzo. Os interesados poden anotarse ata o mércores 26 por un prezo de 20 euros que inclúe viaxe e xantar.
Viaxe por Cantabria cos Sendeiros
Viaxe por Cantabria cos Sendeiros
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura