Burela, 24 de abril de 2014. A Concellería de Cultura, Educación e Turismo do Concello de Burela, en colaboración coa rede de Dinamización Lingüística, convoca con motivo do Día das Letras Galegas un concurso de radio orientado a promover a lingua propia de Galicia. O título do concurso é O galego na onda.
Segundo explica a edil popular Mónica Pedre “este concurso está dirixido ao alumnado de Educación Secundaria Obligatoria e consiste na gravación de cuñas de radio inéditas coas que se promova o uso e a valoración social positiva da lingua galega. Os grupos que consigan o primeiro e o segundo premio participarán un obradoiro de radio impartido na radio municipal de Burela”.
A concelleira de Cultura e Educación sinala que “ademais, os gañadores dos primeiros premios entrarán nunha segunda fase do concurso en que a súa cuña competirá coas gañadoras doutros Concellos. E os gañadores desta segunda fase recibirán como premio a realización dun programa radiofónico na Radio Galega e un lote de libros”.
As bases do concurso están na Casa do Concello de Burela, na páxina web do Concello e nos IES da localidade. O prazo de presentación das cuñas remata o día 17 de maio.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



