Ribadeo, 1 de abril de 2014. As fotos de José Mario Zamudio Quintana, Lucía Peña Martínez e Tania Fernández Faíde foron as gañadoras do concurso fotográfico organizado nas redes sociais por Acisa Ribadeo para conmemorar o Día do Pai.
Un xurado formado por dous profesionais asociados: Foto Miguel e Servicios Audivisuales El Farero, e tres membros da asociación escolleron as tres mellores fotos entre as 10 máis votadas polo público, é dicir, aquelas que reuniron máis “Me gusta” ó longo dos últimos días no perfil de facebook Ribadeo Móvese.
O primeiro premio dotado con 300 euros en vales de compra foi para a foto Feliz día, papá de José Mario Zamudio Quintana. O segundo premio, que se levará 200 euros en vales de compra, é para a foto Jaque mate de Lucía Peña Martínez. E o terceiro premio, que recibirá 100 euros en vales de compra, é para a foto Columpios de Tania Fernández Faílde. Estes son os tres premios decididos polo xurado. Pero, aínda hai un cuarto premio, dotado con 50 euros en vales de compra, para a foto máis votada en facebook que foi a denominada Paseo de Tania Fernández Faílde.
Os gañadores do concurso fotográfico de Acisa recibirán os seus premios o xoves, 3 de abril, ás 18.00 horas nos locais da asociación.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



