Este martes as monitoras de Gaia do Concello de Burela celebraron o día da auga cos alumnos de 5º de Primaria do CEIP Vista Alegre. Os rapaces fixeron dúas actividades ben diferenciadas: “a primeira consistiu nunha charla sobre a importancia da auga, cómo chega esta aos nosos fogares e que medidas podemos adoptar para non malgastala e a segunda actividade foi a realización de pequenos experimentos que tiñan como base a auga”, segundo explican as monitoras de Gaia.
Charla de GAIA sobre a auga
Charla de GAIA sobre a auga
Relacionado
-
O xoves, 2 de maio ás 20:30h, a libraría Bahía de Foz acolle a presentación – recital sobre o poemario ‘Escribir Silencio’ de José A. Alfonso
-
Charla sobre a Lei de Costas e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Burela
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores