Santiago de Compostela, 24-4-14.- O deputado popular José Manuel Balseiro Orol expresará este venres na Comisión 7ª de Agricultura e Montes no Parlamento de Galicia o seu interese polo novo decreto aprobado pola Xunta sobre aproveitamentos forestais. Este establece as condicións nas que deben desenvolverse os aproveitamentos madeireiros e leñosos, e inclúe por primeira vez unha regulación específica para a recolleita de cortiza e de cogomelos, en montes ou terreos forestais de xestión privada.
O novo Decreto establece para os propietarios do monte unha serie de beneficios de índole administrativo (axilización das solicitudes de corta), fiscal (bonificacións para os que certifiquen os seus produtos) e social (as melloras na xestión dos montes queimados).
Balseiro explicou que os aproveitamentos de madeira ascenden en Galicia a 7 millóns de metros cúbicos anuais, supoñen o 60% do total dos aproveitamentos forestais de España, xeran uns ingresos anuais estimados de 240 millóns de euros e supoñen a tramitación administrativa de 50.000 solicitudes de corta ao ano.
No caso concreto da Mariña lucense, con máis de 92.000 hectáreas forestais factúranse 25 millóns de euros anuais ó ano polas cortas, o que a converte nunha das zonas de maior produción de Galicia.
O texto remitido para a ocasión é o seguinte:
Á Mesa do Parlamento
José Manuel Balseiro Orol, Moisés Blanco Paradelo, Angel Camino Copa, Hipólito Fariñas Sobrino, Santiago Freire Abeijón, Isabel García Pacín, Vidal Martínez-Sierra López e Miguel Prado Patiño, deputados e deputadas do Grupo
Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara presentan, ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión.
O Consello da Xunta que tivo lugar o 21 de febreiro de 2014 analizou, entre outros asuntos, o novo Decreto de Ordenación e Xestión Forestal.
Esta normativa, que desenvolve o previsto na Lei de Montes, está chamada a substituír o regulamento vixente na actualidade que data de 1970.
En relación con este asunto, os deputados asinantes, formulan as seguintes preguntas:
1. Qué medidas trae consigo este novo decreto agora analizado?
2. Qué beneficios para os nosos montes e para os seus propietarios trae aparellados este novo decreto?





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



