Burela, 10 de abril de 2014. O salón de plenos do Concello acolleu este mediodía a presentación do VIII Encontro de Palilleiras, que organizan a Fundación Expomar e a asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras As Encaixeiras de Burela.
O evento, que patrocinan o Concello, ABSA, a confraría de pescadores de Burela e a Deputación de Lugo, terá lugar o 10 de maio no porto burelés de 10 a 13 horas pola mañá e de 16 a 19 horas pola tarde.
O programa dará comezo ás 10 da mañá coa recepción ás palilleiras participantes e de 10:30 a 13 horas haberá unha demostración de traballos. Ás 11.30 da mañá terá lugar a inauguración do encontro e ás 12 do mediodía haberá unha degustación de empanada de pescada. Ademais duna viaxe ao Monte Castelo e á igrexa de Vila do Medio, co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio natural e histórico de Burela ás asistentes.
Xa pola tarde a partires das 16 horas seguirá a demostración de traballos e nova viaxe a eses dous lugares. Ás 17:30 horas terá lugar un sorteo de agasallos e ás 19 horas rematará o VIII Encontro de Palilleiras de Burela. Ao longo de toda a xornada tamén haberá visitas ao barco museo Reina del Carmen e ao Museo Histórico.
O prazo de inscrición para participar neste evento estará aberto ata o vindeiro 29 de abril. As interesadas en acudir a esta cita poden anotarse no seguinte número de teléfono: 653 29 59 12.
O alcalde, José Mª González Barcia, sinalou que “este encontro é un bo motivo para a promoción do noso concello, máxime tendo en conta que este xa é o terceiro ano no que esta actividade se fai na nave de redes, porque a Fundación Expomar colabora directamente na organización deste evento. O encontro ten unha enorme repercusión para Burela porque a presenza de xente, tanto de palilleiras coma de acompañantes, é moi importante e sen dúbida ningunha axuda a dinamizar a economía local”.
O rexedor dixo que “con esa cita Burela inicia un calendario de actividades que a levarán durante todo o verán a ter eventos case todas as fins de semana. Durante esa fin de semana, a do 10 de maio, tamén se celebrarán as xornadas técnicas e os encontros empresariais, que organiza todos os anos a Fundación Expomar, haxa ou non feira de mostras. Esa segunda fin de semana de maio é importante e un bo motivo para que persoas vinculadas ao mundo do mar se acheguen a Burela, pero tamén aquelas outras ás que lles guste disfrutar duns días tranquilos nun sitio tan receptivo e tan acolledor como Burela”.
González Barcia engadiu que “nós continuaremos apoiando á asociación de mulleres palilleiras que temos no noso concello. É un colectivo que está a traballar ben, a xunta directiva se esforza para facer as cousas de forma adecuada. Por este motivo continuará a ter o apio do Concello ao igual que nos últimos anos, ao mellor non todo o que nós quixéramos dar, tendo en conta a situación económica que estamos a vivir, pero si desde logo entre o Concello e a Fundación Expomar o impulso que se lle deu nos últimos anos a este encontro é realmente importante”. O alcalde tivo palabras de eloxio para a xunta directiva de As Encaixeiras: “a nosa noraboa á xunta directiva e o noso recoñecemento a ese traballo que están a facer, porque contribúe a realizar unha oferta alternativa de ocio para as mulleres durante todo o ano e a levar a cabo un evento de divulgación do noso concello o vindeiro 10 de maio”.
Ao acto de presentación, celebrado este mediodía no Concello, acudiron o alcalde, José Mª González Barcia, a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, a concelleira de Mar e Medio Ambiente, Patricia López Eijo, o patrón maior da confraría de pescadores de Burela, Basilio Otero, e varias representantes de As Encaixeiras, ademais da xerente da Fundación Expomar, Catalina Sánchez.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



