Ribadeo, 23 de abril de 2014.- O vindeiro 5 de xullo arredor dunha vintena de asociacións culturais organizan un acto de recoñecemento ao cantante Miro Casabella en Ferreira do Valadouro.
Como preámbulo, en Ribadeo, este venres tamén terán lugar actividades encamiñadas a homenaxar a súa figura.
Quérese sobre todo poñer en valor o labor de recuperación democrática e de pensamento galeguista e nacionalista ao que contribuíron figuras da canción galega na época do tardo franquismo e a chamada transición.
Nomes como Voces Ceibes, Fuxan os Ventos, Movemento da Canción Popular Galega…forman parte dun imaxinario colectivo non sempre valorado e coñecido no noso país . As súas foron músicas que acompañaron tempos reivindicativos, nos que se puxeron os alicerces para alcanzar dereitos que hoxe nos rouban. O abandono do rural, a emigración, a desprotección do medio natural , o querer reducir a nosa cultura ao falsamente folclórico…iso é o hoxe que estamos a vivir.
Onte, organizacións centradas no país mobilizáronse contra por ex., a cota empresarial aos labregos, a construción dunha piscifactoria en Baldaio, as expropiacións nas Encrobas ou, xa concretamente na Mariña, a construción dunha central nuclear en Xove.
Son tempos pois tamén de VOLVER CEIBAR A VOZ. E a homenaxe a Miro Casabella enténdese tamén dese xeito.
A data elixida, o venres 25 de abril, é tamén simbólica pola repercusión que a Revolución do Cravos en 1974 en Portugal tivo para os movementos sociais e políticos galegos da época.
Os actos do venres en Ribadeo consistirán nunha exposición fotográfica na rúa peoníl que recolle imaxes de mobilizacións sociais e de traballos discográficos da época. Esta pequena mostra estará colocada desde a mañá á noite.
Ás 21.00 h e logo dun pasarrúas desde o Cantón con componentes do grupo de música tradicional da A.C. Tumba e Dálle actuarán á entrada do Teatro as pandereteiras da A.C. Alesancia.
Haberá reparto de caraveis vermellos e postais e darase comezo a un concerto que incluirá as actuacións de Tundal, grupo do componente de Fuxan os Ventos Antón Castro, a xove promesa ribadense Carmen Rguez , que versionará un tema de Miro e o virtuoso gaiteiro do Conservatorio de Viveiro David Bellas que, entre outras pezas, interpretará unha peza escrita en homenaxe. Ademais, farán lecturas Eliseo García Bouso (Agrupación Cultural Francisco Lanza, Ribadeo) e Tamara Rubiños (colectivo cultural Ollomao, Barreiros).
Presenta o xornalista Xosé Salgado Agrelo (Asoc. M de Meira).
Contando coa colaboración do Concello de Ribadeo e a Área de Cultura da Deputación de Lugo, na organización deste evento participan as seguintes entidades: A.C. Arrincadeira de Riotorto, A.C. M de Meira, Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros, A.C. Os tres pés de Trabada, Irmandade San Caetano de Barreiros, Observatorio da Mariña pola Igualdade , Tumba e Dálle de Barreiros, A.C. Francisco Lanza, Azou, Alesancia e Musiqueando de Ribadeo.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



