O uso, demagóxico e oportunista, que os políticos fan dalgúns termos, propicia que as palabras perdan o significado e a forza expresiva, aumentando a incredulidade nos dirixentes. Dí o diccionario,que“inmediato” significa “suceder de contado, sen tardar”.
En 1994 celebrou Foz as I Xornadas Históricas da Mariña, con grande.´éxito Un dos días analizouse o presente e o futuro do turismo na comarca, coa presenza do-conselleiro do ramo, Sr, García Bobadilla.. No debate e rolda de prensa posteriores con coñecidos xornalistas: Daniel Hortas, Ramón Pernas, Luis Mariñas, Elías Rodriguez, Antón Reixa… alguen preguntou ó conselleiro: se o seu departamento tiña prevista algunha inversión na bisbarra. O político dixo que tiñan cousas entre máns,,e que , “de inmediato” ían realizar obras de conservación e rehabilitación no pazo de Tovar, en Lourenzá. Xusto vinte anos despois ábrese ó público, coa lóxica ledicia: o patrimonio histórico/cultural é de todos e canto mais preto,, maior interese. por razóns obvias, para a sociedade do contorno; pero, lector amigo, non se rasgue as vestiduras pola tardanza: no pobo do cronista, dende hai anos, amoréanse anuncios e promesas, que nunca se cumpliron; alóngase o prazo ata o esquecemento.e os focegos, resignados e retranqueiros, entonamos o vello tango: que dí “que veinte años no es nada”…. que con inxenuidade xustifique anímicamente tanta frustracción…
En 2008 visitou a Mariña o presidente de Portos., O. alcalde convocou unha reunión á que asistiron, os presidentes da Confraría e do Náutico, algúns directivos de ambos e outras persoas do mundo do mar, e tamén o cronista. O alí tratado resultou frustrante_e esbarrallou toda utópica esperanza de porto deportivo aínda que se falou do plan director de Portos e que se contemplarían os posibles do mesmo algo que sabíamos incerto, pois había tempo que aquel organismo o tiña desbotado. Así se espuxo ós reunidos, co notorio cabreo da Autoridade local.,mesmo suxerindo que un dos presentes quería “reventar o acto”.(¡qué cousas!)…o mandamais de Portos dixo que, de “inmediato”,ían dragar a dársena…. ¿Qué entenderán os políticos por “inmediato”?….
Suso Fernández



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



