No marco dos Días Europeos da Artesanía, que terán lugar do 4 ó 6 deste mes de abril, promovido pola Fundación EOI-Fundesarte, acóllense toda unha serie de actividades relacionadas co sector artesán (charlas, coloquios, exposicións, talleres, seminarios, mostras, ferias, etc). Nese sentido, Regal Carámicas e RegalXunqueira ten programadas varias actividades públicas e gratuítas para os días 4 e 5 de abril. O venres 4de abril haberá visitas guiadas ó Complexo RegalXunqueira, así como talleres de Regal Cerámicas dedicados a varios colexios e institutos da comarca. Xa o sábado 5 celebrarase un encontro de Cerámica Rakú, de 11.00 a 14.00 horas, con participación libre e gratuíta. E o domingo, previa inscrición, realizaranse visitas guiadas aos talleres de Regal Cerámicas, museos, salas de exposicións, etc. Agárdase a participación dunhas 300 persoas.
Días Europeos da Artesanía en RegalXunqueira
Días Europeos da Artesanía en RegalXunqueira
Relacionado
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón
-
Remataron as Noites de Volei Praia en Cervo
-
En Academia A Mariña deu comezo a décimo segunda edición da Escola de Minitalentos