O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, deu conta esta mañá dunha nova oferta de cursos de formación gratuíta en novas tecnoloxías para os maiores da provincia, que se celebrarán a partires do 21 de abril ata mediados do mes de xuño. Pensada co obxectivo de aumentar a súa autonomía, mellorar as súas capacidades funcionais e previr o deterioro cognitivo dos lucenses de máis idade, esta formación adoita acadar un enorme éxito entre os participantes xa que o seu marcado enfoque práctico permítelles incorporar facilmente ó seu día a día todo o aprendido.
Gómez Besteiro subliñou que “a idade non debe ser un impedimento para aproveitar as infinitas posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías”, destacando que os case 600 participantes nalgunha das 50 accións formativas deste tipo postas en marcha dende o pasado ano “permitiron ós seus participantes aprender a realizar tarefas cotiás dun xeito máis sinxelo e rápido grazas ás novas tecnoloxías e ó emprego de dispositivos electrónicos, ó tempo que aumentou a súa autonomía e calidade de vida”.
Esta nova convocatoria de 30 cursos gratuítos, que suman 157 horas e 366 prazas e que se desenvolverán en Lugo e noutros Concellos da provincia, son os seguintes:
– Manéxate coas novas tecnoloxías. Coñece o teu ordenador. Neste caso están organizadas 3 edicións.
– Manéxate coas novas tecnoloxías. Coñece a túa tablet. Neste caso tamén están organizadas 3 edicións.
– Realizar copias de arquivos.
– Atréveste con Internet? Axudámosche (Aprendemos a usar o ordenador e a navegar por Internet). Programadas 3 edicións, unha delas pensada para persoas con dificultades auditivas.
– O carteiro en Internet. Que é o correo electrónico?. Ofrecerá 2 edicións
– Organízate co teu móbil. Nivel I. Neste caso programáronse 2 edicións
– Avanza e coñece o que podes facer co teu smartphone. Nivel II.
– Que son as redes sociais? Descubre Facebook.
– Twitter e outras redes sociais.
– Iníciate no ingles: aprende a seguir un curso de inglés online
– Aprende a empregar e consultar os tradutores e diccionarios online
– Aprende, comparte e retoca as túas fotografías (Conceptos básicos de fotografía dixital)
– Mantemos en forma o cerebro (Memoria, atención e outras capacidades: estimulación cognitiva coa Wii). Neste caso programáronse 2 edicións.
– Obradoiro Xogamos coa mente (estimulación cognitiva co ordenador). Neste caso programáronse 2 edicións.
– Ximnasia mental coa tablet (Memoria, atención e outras capacidades: estimulación cognitiva coa tablet). Neste caso programáronse 2 edicións.
– Xogamos co corpo (Actividade física para mariores: estimulación funcional e motriz coa videoconsola Wii)
– Movémosnos e xogamos (Actividade física para maiores: estimulación funcional e motriz con Kinect e videoconsola X-Box)
Os interesados en participar, poden inscribirse a través da páxina www.deputacionlugo.org, na que atoparán máis información acerca de datas e horarios de celebración. Do mesmo xeito, poden poñerse en contacto no teléfono 982-225-186. Tendo en conta que as prazas son limitadas, as inscricións realizaranse por rigorosa orde de solicitude.
Entrega de diplomas
No mesmo acto, Gómez Besteiro fixo entrega dos diplomas acreditativos de asistencia ós participantes nas 25 accións formativas que veñen de rematar e coas que a Deputación de Lugo xa fixo posible que case 600 maiores da provincia perdan o medo ás novas tecnoloxías. Esta última convocatoria puxo a disposición dos lucenses de máis idade un total de 312 prazas para participar en 18 cursos e 7 obradoiros, que ofreceron 142 horas de formación, eminentemente prácticas, con cursos como Organízate co teu móbil; Atréveste con Internet? Axudámosche, ou O carteiro en Internet Que é o correo electrónico, e obradoiros como Ximnasia mental coa tablet ou Movémonos e xogamos (estimulación motriz con Kinect-Xbox). Ademais, tal e como destacou o Presidente, estas accións formativas tamén puideron ser aproveitadas ó máximo por persoas con dificultades sensoriais; de feito, 10 dos participantes foron persoas xordas, e 2 delas cegas.
O bo resultado acadado con estes cursos quedou patente co testimonio dalgún dos lucenses que hoxe recibiron os seus diplomas, como Manuela Morado, quen salientou que logo de recibir formación no InLugo, no que foi a súa primeira experiencia coa informática, a día de hoxe xa conta un ordenador na súa casa e comparte moito do seu tempo de ocio diante do ordenador coa súa neta, coa que tamén fala por medio de Internet.






















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



