A importancia da lectura na formación intelectual e cívica do individuo é tal que fíxolle decir a Nicolás de Avellaneda, xornalista e político arxentino do século XIX: “cando escoito que unha persoa ten o hábito de ler, estou predisposto a pensar ben dela”.
Dase por aceptado que a lectura é porta á cultura, pois pode decirse que sen aquéla difícilmente se accede a ésta; daí que as institucións con responsabilidades neste eido, se afanen en artellar formas polas que achegar á cidadanía esa convicción e esa práctica.
Suponse que nese marco a concellería de Cultura de Foz organizara o Maratón de 24 horas de Lectura na vila, que durante varios anos celebrouse polo Día do Libro; iniclativa que, sen que se explicaran as causas, hai xa tempo foi suprimida. ¿Cansancio? ¿Falta de interese e, polo tanto, baixa participación ? Non sabemos; retirouse, e punto.
Unha interesante forma de promoción, e de disfrute dela, é a través dos “clubes de lectura”, que na nosa bisbarra funcionan en varios pobos, Foz entre eles; acaso sexa ésta, en aspectos, mais efectiva que o “maratón”, ó engadir matices que enriquecen a didáctica da lectura: o clube aglutina un grupo de persoas que len o mesmo libro. Xúntanse logo e, coa participación dun moderador, coméntano e debaten sobre o contido: argumento, estilo literario, acción, personaxes… que deriva a veces hacia outras apreciacións, porque “quen le moitos libros e non pensa sobre eles, é unha estantería”. Duas son as ventaxes da modalidade: tras a lectura persoal e íntima, compartir con outras persoas os análises e consideracións; son, pois, as ventaxes do “traballo en equipo”, ao que somos pouco dados. Na medida do posible os clubes procuran a presenza nas xuntanzas do autor do libro motivo de análise, o que engade especial interese e atractivo.
Alguen dixo que analfabeto non é o que non sabe ler, senón o que sabendo, non le. O vindeiro mércores é o “Día do Libro”. Unha forma axeitada de celebralo podería ser lendo estes días un a maiores…
Suso Fernández



















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



