Ribadeo, 15 de abril de 2014. O Concello ultima os preparativos do concurso gastronómico Ribadeo de tapeo, que terá lugar do 10 ao 18 de maio e no que participarán medio centenar de bares, mesóns e restaurantes. O vindeiro luns, 21 de abril, estará en Ribadeo o coñecido chef laurentino Iago Castrillón. Esta edición inclúe coma novidades a tapa de Ribadeo e actividades nas Catedrais, segundo contaba este martes o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor dixo que “continuamos cos preparativos previos a este evento tan importante que celebramos desde hai varios anos e que é tan recoñecido a nivel comarcal e practicamente a nivel galego como é o Ribadeo de tapeo. Este ano será do 10 ao 18 de maio. Xa se pechou o prazo de presentación de solicitudes e hai un total de 47 establecementos, algúns novos, outros repiten, hai diversidade de locais, tanto da vila coma, en menor medida, das parroquias”.
Suárez Barcia subliñou que “será un evento que traia moita xente a Ribadeo e moitas vendas ao sector da hostalería participante. Cada ano temos innovacións, que o que perseguen é mellorar o obxectivo deste encontro e o que queremos, sen cuestionar a profesionalidade de ninguén, é levar adiante varias iniciativas. Para mellorar o consumo e o referente neste concurso gastronómico imos traer un cociñeiro revelación do Madrid Fusión. Trátase de Iago Castrillón, que o luns, 21 de abril, estará a disposición dos participantes no Ribadeo de tapeo para darlles as recomendacións aos que así o desexen para mellorar a calidade da súa tapa, para mellorar en definitiva a calidade do concurso, que é o obxectivo que se persegue, sen tachar o bo facer de todos eles, pero de boa fe poder darlles a opinión dunha persoa moi cualificada e recoñecida no ámbito estatal”.
O alcalde ribadense aludiu ás novidades desta nova edición do Ribadeo de tapeo: “como novidades este ano incorporamos a tapa de Ribadeo, xunto cos outros premios xa habituais, que será aquela que se elabore exclusivamente con produtos da comarca. E tamén continuamos coa iniciativa de vincular o sector da hostalería co sector hoteleiro cos Soños gastronómicos e ao mesmo tempo queremos aunar a riqueza gastronómica que temos, e moi boa, coa riqueza natural, que tamén temos e moi boa, no sentido de desenvolver actividades inéditas nas Catedrais, como rutas xeolóxicas interpretadas no marco deste Ribadeo de tapeo ao que se sumará como este último ano unha aplicación para móbiles, tanto na plataforma Android como na plataforma IOS para que de maneira actualizada os que acudan a Ribadeo poidan saber que establecementos participan nesta cita, cal é a tapa, cal é o seu prezo, ademais de ver a foto, onde está emprazado o local… ter tantos reclamos que sexa imposible non vir a Ribadeo do 10 ao 18 de maio”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



