A Mariña, 24 de abril de 2014. Militantes do BNG de Mondoñedo e Cervo convidaron hoxe á cidadanía a rebelarse contra un modelo económico imposto pola Troika e a UE que veta os principais sectores produtivos galegos e impón políticas de austeridade no económico e no social que multiplican o desemprego e expulsan á emigración a milleiros de galegas e galegos incapaces de atopar saídas laborais na súa propia terra. Os nacionalistas fixeron mención á complicidade dos gobernos galego e estatal con este modelo, “do que fan de obediente correa de transmisión”, e á inexistencia de políticas que poñan freo á liquidación de dereitos sociais e laborais e eviten a destrución do tecido económico galego que, no caso da Mariña, condenou á emigración a mais de 3.000 mozas e mozos da comarca nos últimos catro anos.
A fronte nacionalista fixo mención á parálise e desarticulación económica da comarca con empresas emblemáticas nos concellos de Mondoñedo e Cervo pechadas ou en situacións de quebra como son os casos de Aglomerados ECAR en Mondoñedo ou Cerámicas de Sargadelos en Cervo que levaron ao desemprego moita xente, na maioría dos casos sen posibilidade de recolocación, e sen que desde a administración galega se puxeran en marcha planos de acompañamento social ou política activas de emprego alternativas. O que está sucedendo na Mariña é unha sangría con empresas que noutros tempos foron fontes importantes fontes de emprego como as xa mencionadas ou outras como Gres Burela, Construcións Mon, etc. As políticas de austeridade impostas pola UE e cumpridas obedientemente polo Partido Popular agora, e antes polo PSOE no Estado, impiden a reactivación económica e asfixian á sociedade mediante unha presión fiscal inxusta que deixa ás grandes fortunas e grandes empresas exentas de co-responsabilidade fiscal.
O BNG fixo mención aos datos de emigración xuvenil, no que segundo o INE, mais de 3.000 persoas entre 16 e 34 anos son baixa nos padróns municipais nos últimos catro anos, moitas delas na busca de emprego. No caso de Mondoñedo entre 2009 e 2013, o padrón municipal sufriu un baixada na franxa de idade de entre 20 e 34 anos de 202 persoas mentres no mesmo periodo e idades Cervo perdeu 240 persoas.
O BNG lembrou que o nacionalismo galego sempre tivo unha posición crítica e consecuente con respecto á UE, en solitario en moitas ocasións e agora acompañado por outras formacións políticas “antes consentidoras dun modelo alleo ás necesidades da sociedade, antidemocrático e que despreza as capacidades de Galiza para producir e xerar riqueza e emprego”. Puxeron como exemplo que o BNG foi das poucas organizacións políticas que se opuxo ao tratado de Maastrich ou á constitución europea que despois acabaron tombando en referendo franceses e holandeses.
Neste contexto de crise, roubo e espolio, o camiño encetado polo BNG incide na capacidade real para decidirmos sobre o nos en función dos nosos intereses, por iso chamamos a rebelarnos e defender as conquistas sociais e o dereito a decidir para poder vivir dignamente do noso traballo na nosa propia terra.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



