O Burela FS Pescados Rubén non puido cumprir este sábado co obxectivo dos tres puntos na visita a Vista Alegre do férreo Roldán FSF (1-4); logo dunha primeira parte dubitativa, as mariñás intentaron recuperar as súas forzas sen fortuna na finalización. Este resultado deixa as laranxas a 5 puntos do líder, Atlético de Madrid Navalcarnero, que liquidou a súa cita fronte ao Viaxes Amarelle con 5-2.
Ás burelistas custoulles entrar no ritmo de xogo; saltaron á pista lastradas por certa lentitude e con perdas de balón, ante a constante presión do Roldán. No minuto 12, as visitantes estrearon o marcador, nunha xogada de falta finalizada por Maite. Con 0-1 a bucina anunciou a chegada do descanso; Jozi, moi oportuna nas súas aparicións, conseguiu frear as embestidas visitantes.
Tras o descanso, as laranxas volveron á pista con máis frescura. A perigosidade e as ocasións equilibráronse, con gran protagonismo e acerto por parte de ambas as metas; Patri asumiu a defensa dos paus laranxas na segunda parte, polas molestias de Jozi tras unha saída de portería antes do descanso. O Roldán FS foi de novo o primeiro en atopar o gol, no minuto 26, ao culminar Marta Peñalver desde o bordo da área unha recuperación de balón tras saque desde a meta galega.
Con 0-2 e superado o ecuador do segundo período, o Burela FS apostou con Claudia como porteira xogadora, desde o minuto 34, pero a fortuna caeu do lado visitante, con tanto de Juani a porta baleira (minuto 35). Seguiu insistindo o cadro de Quico Otero con xogo de cinco e cada vez con máis perigo, aínda que con resistencia da portería. Xa na recta final, no último minuto, o Roldán volveu tomar baza para subir o 0-4, nun balón en pugna entre Maite e Claudia que acabou rebotando e superando a liña de meta local. A falta duns 20 segundos, o Burela FS atopou o seu tan traballado gol, nos pés de Lara, ao segundo pau, sen tempo para máis.
Próxima xornada
As mariñás visitarán a próxima semana, na 27ª xornada, o Poio FSF. Pola súa banda o Atlético tamén xogará a domicilio, con derbi, fronte ao Móstoles.
Aínda quedan catro xornadas para demostrar que o Burela FS nunca se rende. Todo é posible e seguiremos pelexando polo Horizonte Laranxa.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Bea Mateos, Claudia, Lara, cinco inicial; tamén xogaron Lidia, Daniela, Cris e Patri.
Roldán FSF: Sonia, Marta Pelegrín, Inma, Juani, Alba, cinco inicial; tamén xogaron Pepa, Miriam, Marta Peñalver, Maite.
Goles: 0-1, minuto 12, Maite; 0-2, minuto 26, Marta Peñalver; 0-3, minuto 35, Juani; 0-4, minuto 39, Maite; 1-4, minuto 39, Lara.
Árbitros: Ángel Vilas // José Luis Rey
Tarxetas: Por Burela FS amarela Bea Mateos e por Roldán FS, a Marta Pelegrín
Incidencias: Partido correspondente á 26ª xornada de Primeira División RFEF. Arredor de 400 espectadores.
*Foto: A Caixa Escura Producións.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
