O Maratón de Lectura de Burela, organizado polo Colectivo Cultural Buril chega este ano á súa cuarta edición. As socias e socios do Buril estamos moi satisfeit@s pola alta participación acadada nas pasadas edicións, así como polo interese mostrado por parte de todas as persoas e entidades participantes, motivos estes que nos animan a realizar unha nova edición do Maratón de Lectura, que este ano voltamos celebrar o 23 de abril, coincidindo co Día Internacional do Libro. A cita terá lugar en Burela, no salón de plenos do Concello, como vén sendo habitual.
No pasado ano, o Maratón de Lectura dedicouse a Rosalía de Castro, sumándonos deste xeito ás distintas actividades celebradas en numerosas vilas galegas con motivo do 150 aniversario da publicación de Cantares Galegos, obra fundacional da literatura galega contemporánea e símbolo do Rexurdimento da literatura e da cultura galegas.
Desta volta a temática do maratón será de escolla libre, sendo o único requisito que o texto ou fragmento do texto escollido sexa en galego. Como proposta para este IV Maratón, aproveitamos para lembrarvos que o homenaxeado nas Letras Galegas deste ano é o escritor Xosé María Díaz Castro, poeta e tradutor natural de Guitiriz, autor do poemario Nimbos.
Ao igual que o pasado ano, o maratón estará estruturado en dúas quendas, unha de mañá, de 10:00 a 14:00 e horas, destinada aos centros educativos e outra de tarde, de 16:00 a 20:30 horas, destinada a colectivos e entidades deportivas, así como a todas as persoas que queiran participar a título individual.
A xornada de mañá dará comezo ás 10:00 horas e prolongarase ate as 14:00 h. coas lecturas do alumnos e alumnas dos centros educativos de primaria e secundaria de Burela, CEIP Os Castros, CEIP Vista Alegre, IES Monte Castelo e IES Perdouro. Pola tarde, desde as 16:00 horas participarán distintos colectivos e entidades de Burela, estando xa confirmada a presenza do asociacón Camiña, Fundación Eu Son, CD Burela FS, Club Baloncesto, SCR Ledicia, Amajazz, Amigas e Amigos da Banda de Burela, Observatorio da Mariña pola Igualdede… así como distintas persoas que participarán a título individual.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



