Burela, 24 de abril de 2014. O Concello ofrece información para participar no programa Reencontros na terra para residentes no exterior, que organiza a Secretaría Xeral de Emigración durante este ano 2014 (DOG nº 73 do 15/04/2014). A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, sinala que “o obxecto do programa é promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra, mediante un período de estadía en residencia, e cos seus familiares, fortalecendo os vínculos de unión con Galicia”.
En total convócanse un total de 135 prazas, distribuídas por países: Arxentina 81, Brasil 9, Cuba 7, Uruguai 34, Venezuela 2, e outros países 2.
Os/as beneficiarios/as do programa viaxarán a Galicia preferentemente no mes de outubro.
Os requisitos que deben reunir son os seguintes:
a) Ser emigrante galego/a.
b) Ter nacionalidade española.
c) Residir en América.
d) Ter 65 ou máis anos de idade na data de remate do prazo de solicitude.
e) Levar polo menos os últimos 15 anos naturais sen participar en programas de viaxes trasatlánticos a Galicia da S.X de Emigración ou do estado español.
f) Valerse por sí mesmo e non padecer trastorno psicofísicos que alteren a normal convivencia e que estean en condicións de realizar a viaxe.
g) Ter ingresos inferiores a 1,5 veces o importe das pensións asistenciais por ancianidade do Estado español, fixado en 2014 para o país de residencia. Se o/a solicitante convive con outra/as persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70% da devandita cifra polo número de conviventes menos un.
Poderán beneficiarse as persoas unidas por matrimonio,unión de feito ou relación análoga aos solicitantes do programa, cumprindo os requisitos dos puntos 3, 5 e 6.
A presentación das solicitudes deberá realizarse:
– Na Secretaría Xeral de Emigración.
– Nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitantes. Tamén a través do Rexistro electrónico da Xunta de Galicia.
Ata o 16 de Xuño de 2014 está aberto o prazo de presentación de solicitudes. Os interesados en obter máis información poder dirixirse ós Servizos Sociais, Área de Inmigración do Concello de Burela, de 8 a 15 horas.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



