Ribadeo, 24 de abril de 2014. O Concello cobrará por empregar os baños das Catedrais desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro. O obxectivo, segundo explica o alcalde, Fernando Suárez, é reinvertir os ingresos que se obterán con esta medida na compra dos produtos de limpeza que se empregarán para ter os aseos en perfectas condicións e na contratación do persoal que se encargará destas tarefas. A ecotaxa que abonarán as persoas que utilicen os baños das Catedrais será de 0,50 euros. Ao remate deste período experimental si as contas dan superávit ese diñeiro investirase en efectuar melloras na praia.
O rexedor dixo que “mentres seguimos á espera da resposta ás cartas que lles mandei ao presidente da Xunta e ao ministro de Medio Ambiente sobre a situación extrema que está a padecer a praia das Catedrais nestes últimos anos e tempos, desde o Concello de Ribadeo e no ámbito das escasas competencias que temos seguimos a traballar para ofrecer unha imaxe mellor aos milleiros de persoas que nos visitan durante todo o ano, non só na época estival”.
Fernando Suárez insistiu en que “este fenómeno das Catedrais é moi importante para Ribadeo, pero estase a desbordar. Tamén é importante para o Concello porque o custo que temos que asumir para dar un servizo de calidade alí é moi elevado, e ademais durante todo o ano”.
O alcalde ribadense explicou que “o que queremos que os visitantes, ao igual que lles gusta ver unha praia e un entorno limpo tamén precisan duns servizos que non cheiren, que teñan todo tipo de comodidades e de limpeza permanente. Esta iniciativa experimental de cobrar 50 céntimos por utilizar os servizos aquí pode resultar novidosa, pero en calquera punto de Europa é do máis común e do máis habitual”.
Suárez Barcia subliñou que “non pretendemos en absoluto que o Concello de Ribadeo se lucre sen mais, senón reinvertir estes ingresos na contratación de persoal para realizar esas tarefas e tamén dos produtos de limpeza e do material que se precisa para ter durante todas as horas do día iso como se fose un hotel”.
O rexedor ribadense engade que “si temos superávit, aínda por riba, destinaríamos eses cartos a efectuar melloras na praia. Hai que lembrar que o Concello non dispón de nin un só metro cadrado de propiedade, tan só a responsabilidade da limpeza e do socorrismo e tamén a responsabilidade de que isto siga ser un lugar atractivo e non unha feira con incerto resultado final”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



