Santiago, 9 de abril de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, defendeu este mércores no Pleno do Parlamento de Galicia a necesidade de interpoñer un recurso de anulación ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea contra o sistema comunitario de repartición das posibilidades de pesca baseado no mal chamado principio de estabilidade relativa, por entender que é discriminatorio e prexudicial para os intereses da flota galega.
Os populares consideran que o camiño correcto para a impugnación xudicial é facelo a través do Goberno do Estado, que dispón da lexitimación activa para interpoñer o recurso, segundo establece a xurisprudencia vixente en relación co artigo 263 dos tratados constitutivos.
DITAME XURÍDICO PARA IMPUGNACIÓN
Con este argumento os populares rexeitaron a iniciativa do BNG, na que se insistía a necesidade de facelo directamente a través da Xunta. Balseiro aclarou que a súa discrepancia era máis “de forma que de fondo”, xa que sospeita que “de ter aprobado a literalidade da iniciativa do BNG levaríanos a perder o recurso por inadmisión”.
O Grupo Popular incorporaba na súa emenda dous puntos, o primeiro “chamado a cargarse de argumentos e, o segundo, dirixido a facer efectiva a impugnación xudicial”. En concreto, a emenda pide á Xunta a elaboración dun ditame xurídico que reflicta os argumentos necesarios para defender a retirada e derrogación do principio de estabilidade relativa para, con posterioridade, dirixirse ao Goberno de España para que denuncie ante o Tribunal de Xustiza da UE este sistema de reparto incluído na Política Pesqueira Común.
Balseiro aclarou que esta impugnación non tivo lugar ata o de agora xa que “estabamos en pleno proceso de debate sobre a reforma da Política Pesqueira Común” e indicou que “non tiña sentido impugnar unha norma que podía modificarse”. Con todo, como o actual regulamento comunitario mantén a estabilidade relativa, “o sistema de reparto que entendemos inxusto e discriminatorio, agora si estamos en disposición de presentar este recurso”
CINISMO POLÍTICO
Na súa intervención, Balseiro quixo poñer de relevo que o BNG amosaba coa súa iniciativa “un enorme grado de cinismo político e de incoherencia ideolóxica”, xa que lembrou que “os nacionalistas non quixeron apoiar as iniciativas da Xunta e do sector dirixidas á derrogación do principio de estabilidade relativa en todas as ocasións anteriores que este asunto chegou ao Parlamento”. Así aconteceu, polo menos, en dúas ocasións: no Pleno celebrado o 28 de marzo de 2012 e o 13 de xuño dese mesmo ano, ambas iniciativas do PP que non contaron co apoio nin do PSOE, nin do BNG.
Os populares consideran que coa súa actitude o BNG “foi o principal aliado” do actual sistema de reparto de cotas en Europa, mentres o PP e a Xunta “sempre defenderon e tiveron claro a necesidade de cambiar os TAC e cotas como sistema de reparto”.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



