Santiago, 8 de abril de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu este martes no Parlamento que o actual modelo de reparto de cotas para a flota do cerco permite dispoñer de máis do dobre das posibilidades de pesca de xarda respecto das que existían o ano pasado, ao tempo que Galicia obteña o 43,2% da cota do xurelo de todo o Cantábrico, isto é, da especie de maior interese para este segmento de flota.
O portavoz do Mar popular sinalou outras vantaxes do novo modelo de xestión, como por exemplo a que permite que a campaña se adapte ao ciclo migratorio e, con isto, “que non se esgote a cota con anterioridade a que as poboacións de peixe cheguen as nosas augas como acontecía no pasado, ademais de rematar coa pesca olímpica”.
MÁIS COTA ONDE MÁIS SE REPARTE
Balseiro dixo tamén que Galicia terá máis porcentaxe de cota onde máis quilogramos se reparten, así como nas zonas máis próximas ás nosas costas, “incluso chegando a dispoñer dun 97,9% da cota de xurelo na zona IX-A (Augas de Fisterra ata o sur)”. O parlamentario popular tamén quixo salientar que si consideramos o reparto inicial das cotas do cerco, Galicia recibe 1.838 kg por GT, duplicando ao País Vasco (811 kg por GT).
Con todo, Balseiro considerou que o mellor argumento que amosa a fortaleza do acordo acadado entre o propio sector e a administración para establecer o sistema de xestión é que, “aínda que lle moleste á oposición, que prefería ver á flota amarrada, os profesionais están no mar, faenando, en plena campaña de pesca”.
PROPOSTA PREXUDICIAL
O Grupo Parlamentario Popular rexeitou o modelo de reparto proposto polo PSOE na súa moción plenaria. Balseiro dixo que se non aplicamos os históricos e repartimos todo por tripulante “sería moi prexudicial para a gran maioría das flotas galegas, xa que poderiamos perder boa parte das cotas asignadas, entre outros, no Gran Sol”. Pero, ademais, prexudicaría á propia flota do cerco xa que perdería, por exemplo, 2.300 toneladas de xurelo na zona IX-A. Os populares consideran cínico e incoherente que a mesma forza política, o PSOE, que no Goberno mantiña un reparto baseado nun 80% nos dereitos históricos hoxe critique un sistema de reparto que reduce este criterio ata o 70%.
Balseiro tamén quixo salientar que o feito que máis prexudica á flota do cerco, en relación coas capturas da xarda, “son as sancións por sobrepesca que nos impuxeron cando o PSOE estaba no Goberno, incluído o propio portavoz socialista, que era Delegado Territorial de Pesca en Celeiro”. O portavoz popular dixo que daquela os socialistas non foron quen de desenvolver unha mínima supervisión e xestión, consecuencia do cal hoxe se detraen da cota da xarda 10.000 toneladas anuais”.
Os populares foron moi críticos co discurso do PSOE, cuxo portavoz non foi quen de responder a ningún dos argumentos e preguntas formuladas por Balseiro xa que se limitou a ler unha intervención de resposta que traía por escrito e na que falaba de asuntos que nin tan sequera foron formulados durante o debate.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



