Santiago, 4 de abril de 2014.- O deputado do Grupo Popular Aurelio Núñez Centeno avogou este venres no Parlamento porque a Xunta de Galicia continúe coas melloras e reforzos da calidade asistencial que se están a impulsar na sanidade pública da Mariña lucense. Así mesmo, demandou axilizar os prazos e as medidas precisas para que os pacientes oncolóxicos da Mariña lucense poidan ser atendidos no Hospital da Costa en Burela.
Aurelio Núñez recordou que nos últimos meses leváronse a cabo importantes melloras nos servizos do Hospital da Costa, entre os que citou a redución dos indicadores de lista de espera, tanto cirúrxica como de primeiras consultas; melloras estruturais e dotacionais na área de endoscopias, actuacións na área de urxencias, coa separación das entradas do PAC e do servizo de urxencia hospitalaria; posta en marcha da triaxe de Manchester, para a selección e clasificación de doentes en urxencias; ou a creación e consolidación da nova unidade de hospitalización a domicilio.
Así mesmo, o deputado popular subliñou o esforzo na dotación de novos profesionais, tanto de persoal enfermería na Unidade de Atención a Domicilio como na Área de Urxencias; en endoscopias; un técnico de laboratorio e un especialista en oftalmoloxía.
Na súa intervención, Núñez Centeno recordou a “firme vontade amosada no Parlamento polo propio director xeral de Asistencia Sanitaria de poñer a disposición dos pacientes da Mariña a dotación e recursos necesarios para a aplicación de tratamentos quimioterápicos en Burela”, pero sinalou a importancia de superar “os condicionantes técnicos que ten a apertura dun hospital de día oncolóxico, tanto a nivel de espazos, como de dotacións, profesionais, farmacoterapeúticos e organización que dea soporte ao proceso de descentralización”.
O deputado popular concretou que no caso do Hospital da Costa “é preciso a habilitación das dependencias necesarias para o novo hospital de día, que ocupará parte dos locais que hoxe están ocupados polos arquivos de historias clínicas”. “Hai que ser moi coidadosos para poñer en marcha unidades co grao de criticidade que teñen o hospital de día oncolóxico: pois atenderán a enfermos cun grao de complexidade importante e todas as instalacións deben axeitarse ás necesidades destes doentes”, apuntou.
O BNG BLOQUEA O ACORDO
Os populares lamentan que o BNG non aceptase a súa emenda, na que se comprometían a acelerar a posta en servizo desta nova unidade oncolóxica, bloqueando a posibilidade dun acordo unánime. Neste sentido, sinalan o absurdo da pretensión dos nacionalistas de propoñer hoxe un texto coincidente co que xa foi aprobado no Parlamento de Galicia, a iniciativa do Grupo Popular, a finais do ano pasado e que o SERGAS está cumprindo.
De feito, os populares valoraron positivamente os pasos que se están a dar, así como os compromisos ratificados tanto polo director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, en sede Parlamentaria, como polo xerente do Hospital que, no día de onte, confirmaba a firme vontade do Goberno galego coa posta en marcha deste servizo en Burela, así como o inicio das obras no prazo dun mes, compromiso que fixo público onte o Partido Popular.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



