O segundo clasificado faise co partido ante o líder da Liga de Veteranos de fútbol sala de Viveiro nun encontro correspondente á vixésimo segunda xornada cun resultado de 3-5. Aínda así, Gato Pardo mantense líder con 61 puntos, seis máis que O Recuncho, que suma 55.
Os Arcos, duodécimo, e Lodeiro, o pechacancelas, protagonizaron o partido con máis goles da xornada onde os primeiros conseguiron sumar tres novos puntos tras rematar o partido cun 7-3 no marcador.
Resultados da xornada:
Punto Galego 3 – 1 Soho
Os Arcos 7 – 3 Lodeiro
Flanagans 0 – 0 Forum
Cofipesca 0 – 2 O Mesón
Temple 0 – 4 A Curva
Joyeros 3 – 2 A Fonte
Gato Pardo 3 – 5 O Recuncho
Xornada 23
Lodeiro – Temple: luns 21 de abril ás 20.30 horas.
A Curva – Joyeros: luns 21 de abril ás 21.15 horas.
Soho – Os Arcos: luns 21 de abril ás 22.00 horas.
O Mesón – Gato Pardo: xoves 24 de abril ás 20.30 horas.
A Fonte – Cofipesca: xoves 24 de abril ás 21.15 horas.
O Recuncho – Flanagans: xoves 24 de abril ás 22.00 horas.
Forum – Punto Galego: xoves 24 de abril ás 22.45 horas.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
