Extínguense. Augura un experto que, de non tomarse medidas, no prazo de dúas ou tres décadas non quedará un exemprar dos pacientes e sufridos asnos que tan valiosos servicios prestaron á Humanidade. Tempos houbo que en Foz o burro era apreciado e considerado; algúns acadaron sona e son moitas as anécdotas a que deron lugar. O burro foi importante auxiliar dun colectivo de fonda raigame na evolución económica e social do pobo. A “vendedora” que pregoaba o producto, azuzando a un tempo ó animal,era estampa cotiá polas estradas e corredoiras da bisbarra. O asno, para tal menester, debía ser de paso curto e miudo, para evitar o deterioro da mercaduría co violento vai-ven da marcha; daí que o burro da pescantina fose sempre do xénero feminino.Na memoria gardamos episodios que en certa medida reflicten o medio social, cultural e económico da época. Así se explica, por exemplo, que Emiliano da Cangalla, a quen roubaran o burro que gardaba no cortello, tivera que desprenderse da prenda mais preciada: un fermoso acordeón, de artístico decorado con diseño de nácar, chegado de alén mar, que mimaba con esmero. Ante a dificultade de achegar fondos para mercar un novo burro, vendeo rifas para o sorteo do instrumento nun baile domingueiro no salón de Ramón María de Cao…. Un rucio popular fora “Tilín”, de anatomía émula a Platero … Antón de Carballido, o dono,asináralle un duro traballo: tirar da vagoneta que da canteira do Rego de Foz levaba a pedra para construir as Casas Baratas. Pero o burro que acadou maior signficancia foi “Pedro”: miúdo, arrogante, fiel compridor do cometido, pola visita cotià a certas tendas, por razón de traballo, gañouse o afecto dos parroquiáns Mañoso para franquear o aposento, boa parte das noites as pasaba á luz da lúa, o que lle confería certa imaxe romántica e sona de “ligón”. “Pedro”, o burro que da feira de San Froilán, chegara a Foz en 1944, foi personaxe popular e querido. Pola onomástica tomaba as súas cañas de cervexa, adozaba a padal cun feixe de caramelos e na cabeza lucía un penacho de flores. Esgótanse os burros. Qué mágoa…!


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



