Burela, 5 de abril de 2014. O Concello organiza un curso formativo para coidadores familiares de persoas afectadas de alzheimer e doutras demencias, que terá lugar todos os luns do vindeiro mes de abril: 7, 14, 21 e 28. Será en horario de 17 a 19 horas no salón de plenos da Casa do Concello.
Segundo explicaba hai uns días a concelleira de Servizos Sociais e Sanidade, Diana Durán, “Fagal (Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias), en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, achega unha vez mais a Burela o programa Rede paraugas, esta vez para profundizar na doenza do alzheimer e doutras demencias con coidadores familiares. Dito curso formativo será realizado por profesionais das asociacións de familiares de enfermos de alzheimer e o mesmo é totalmente gratuíto”.
A edil popular dixo que “o obxectivo é achegar a formación específica á maior cantidade de coidadores familiares posibles. A través deste curso formativo queremos apoiar aos familiares que se ocupan de atender a outras persoas e axudarlles a mellorar os seus coñecementos en aquelas prácticas que contribúen a procurarlles unha maior calidade de vida diaria aos enfermos (comunicación, estimulación cognitiva, pautas de tratamento, prevención de escaras, mobilidade, etc)”.
A primeira sesión será o vindeiro luns, 7 de abril.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



