Viajes Lucus organizou unha viaxe a Córdoba, Sevilla e Málaga nesta Semana Santa á que acudiron persoas da Mariña e do Occidente asturiano ademais doutros puntos da provincia e da Comunidade de Asturias. Ademais de presencias as procesións e o desembarco da lexión en Málaga, tamén puideron desfrutar do baile. Tamén visitaron Torremolinos, Mijas, Fuengirola, Marbella, Puerto Banús, Ronda e outras localidades andaluzas. Os participantes poden ver todas as fotografías en viajeslucus.com. Así mesmo, Viajes Lucus organiza dúas viaxes para esta fin de semana: unha a La Rioja e Pamplona e outra ás Rías Baixas.





















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



