Burela, 7 de abril de 2014. A Concellería de Servizos Sociais lembra que ata o 10 de abril está aberta a oferta de prazas xuvenís dentro do Programa Campaña de Verán – 2014 (Orde do 17 de marzo do 2014, DOGA nº 59 de 26 de Marzo de 2014 da Consellería de Traballo e Benestar).
O obxectivo pasa por facilitarlle á mocidade galega a participación en actividades de tempo libre a través da oferta dun plan xeral de actividades que se desenvolverán tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración, durante os meses de xullo e agosto.
Beneficiarios:
Mozos/as nados no ano sinalado no anexo I para cada actividade. En canto á idade mínima e máxima para participar deberase ten en conta o seguinte:
-Os/as nacidos/as no ano 1996 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento.
-Os/as nacidos/as no ano 2005 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.
Persoas con discapacidade: As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% e inferior ao 65% poderán participar nesta convocatoria sempre:
-Teñan capacidade de integración nun grupo.
-As súas limitacións e/ou necesidades especiais deben permitirlles manexarse nas instalacións do campamento que elixan e participar e beneficiarse das actividades que nel se van a desenvolver.
Documentación:
A solicitude pode ser individual ou múltiple (no suposto de grupos de ata catro irmáns). Cada persoa interesada só poderá cubrir unha solicitude e un máximo de cinco quendas ou actividades por solicitude.
-Procedemento xeral: Solicitude individual (anexoII) / Solicitude múltiple (anexo III).
-Procedemento das prazas reservadas para inclusión (exclusivamente para os campamentos e quendas que se inclúen no anexo I B) Solicitude individual (anexo IV) / Solicitude múltiple (anexo V).
As persoas solicitantes con discapacidade deben optar por unha destas dúas vías, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos procedementos.
Para máis información e trámite, os interesados deberán dirixirse ós Servicios Sociais Municipais, sitos na Casa do Concello, en horario de 8 a 15 horas, de luns a venres.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



