22 de maio de 2014.- A CIG-Saúde considera “inadmisíbeis” as declaracións do portavoz do grupo parlamentario do PP na comisión de Sanidade, Aurelio Núñez Centeno, ao que acusa de “mentir” sobre as razóns polas que se pechan as camas para “eludir a responsabilidade do PP na nefasta política sanitaria que están a facer”. Núñez Centeno responsabilizou, en sede parlamentaria, a traballadoras/es do peche de camas por ter un mes de vacacións e aos sindicatos de asinar un acordo para que, a cambio dese mes de vacacións se levara a cabo ese peche. “ É absolutamente falso. Nunca existiu acordo algún deste tipo entre os sindicatos e o SERGAS” afirma con rotundidade María Xosé Abuín.
A secretaria nacional de CIG-Saúde cualifica a Núñez Centeno de “ignorante” porque se, cando menos, comprobara os acordos asinados entre as organizacións sindicais e o SERGAS podería comprobar que o persoal que traballa no Servizo galego de Saúde goza dun mes de vacacións que se inclúe nun calendario de rotación que vai de xuño a setembro. “Só nos imos de vacacións o 25% de persoal cada mes, por iso non está xustificado ese peche de camas”.
A isto Abuín engade que “é un dereito de todo traballador e traballadora gozar dun mes de vacacións e é responsabilidade da administración substituír a ese persoal polos compañeiros/as –profesionais altamente cualificados para o desempeño da actividade normal- inscritos nas listaxes de contratación do SERGAS, para garantir o normal desenvolvemento da actividade e dar cobertura ás necesidades asistenciais”.
A secretaria nacional de CIG-Saúde considera que “se este deputado, como é a súa obriga, se documentase a través da páxina web do SERGAS ou do DOG daría unha información veraz e non se dedicaría a manipular a información coa intención de desprestixiar ao persoal do Servizo Galego de Saúde”.
A CIG-Saúde achega, a modo de exemplo, dous cadros nos que se recolle, no primeiro o Plan de Ordenación de Recursos Humanos do SERGAS cos datos da convocatoria de Oposición de Facultativos/as de Hospitais. Uns datos que constatan que efectivamente hai facultativos/as sobradamente cualificados/as para facer as substitucións necesarias de especialistas.
No segundo cadro recóllense dous exemplos de enfermeiros/as e celadores/as que están inscritos/as nas listaxes de contratación que se confeccionaron ao abeiro do pacto de selección temporal publicado no DOG de maio de 2012. As listas estanse publicando agora e nas mesmas figuran os efectivos dispoñíbeis para facer as substitucións nestas categorías. “Este persoal non vai ter nin un só contrato neste ano”.
A CIG-Saúde recoméndalle ademais a Núñez Centeno que “para falar das alteracións na saúde de doentes crónicos/as durante o período estival se asesore con persoal facultativo en vez de poñerse en evidencia demostrando o seu absoluto descoñecemento da realidade”.
A CIG-Saúde reitera, en consecuencia, a falsidade das acusacións do deputado do PP e mesmo se pregunta que sentido tería estar a denunciar o peche de camas e a mobilizar o persoal de existir un acordo semellante coas organizacións sindicais.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



