O pasado 30 de abril publicouse a “Resolución de Educación Dixital” , unha decisión da autoridade educativa pola que se abre unha convocatoria para participar nun proxecto experimental de tal nome.
Coma sempre, pensamos que as Anpas temos algo que dicir na educación, e que tería sido boa cousa que pediran a nosa opinión sobre este proxecto; como non fixeron tal , teremos que dala a coñecer por outros medios, e a prensa é o máis importante de todos eles.
Pensamos que:
É un proxecto que rebela improvisación: pretenden organizar a educación dixital dos nosos fillos cunha convocatoria do 30 de abril do ano anterior que dá só un mes ao profesorado para elaborar un proxecto docente que implique a todo o curso seguinte-
É novamente, como todo Abalar, un proxecto que non contempla a imprescindible formación previa de todo o profesorado, sen esa formación os proxectos convírtense en voluntaristas, e iso fainos ser inoperativos a nivel global.
Ofrécensenos 3 anos de aplicación. Un proxecto educativo non pode nacer con data de caducidade, iso é dilapidar fondos públicos.
Discrimina aos centros e ao alumnado ao ser voluntaria a súa aplicación. A administración educativa, a conselleria, ten que deseñar proxectos que se apliquen necesariamente en todos os centros de ensino públicos, cunha planificación temporal, tecnolóxica, laboral e económica clara e crible. O que non é para todos é discriminatorio e clasista.
Fálasenos de que a incorporación das TIC á educación é unha realidade en Galicia: iso é falso; a implantación das TIC en Galicia é desigual e descordinada, precisamente porque non existe esa planificación responsable da que falabamos antes. Por outra parte a consellería identifica a tecnoloxía co cambio metodolóxico e non é asi, as TIC son unha ferramenta imprescindible, pero o importante é o cambio de métodos de ensino e aprendizaxe
En resumo, A Confederación de Anpas Galegas, ten que rexeitar esta Resolución que non supón un avance real nas necesidades do ensino público galego, e solicitar novamente que a consellería de educación do noso goberno planifique e organice o futuro da nosa educación pública dun xeito global, e que o alcance desa organización chegue a todo o noso País e a todas as nosas nenas e nenos uniforme e equitativamente.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



