A petición da Deputación de Lugo, este xoves celébrase en Santiago de Compostela unha nova comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal. No mes de abril, o organismo provincial reclamou á Xunta que convocase esta nova xuntanza. Fíxoo porque o Executivo autonómico aínda mantén bloqueado o pago ós Concellos de todas as administracións implicadas nos GES do 25% da anualidade correspondente ó 2013. É a parte correspondente á xustificación, que non se pode aboar posto que o Goberno galego non determinou que gastos financia cada administración e que documentación deben entregar os Concellos para cumprir coa Lei de Subvencións. A Deputación esixirá de novo este xoves á Xunta que desbloquee de xeito inmediato este pago do 25% ós municipios.
A situación repítese, posto que o organismo provincial xa tivo que reclamar ó Goberno galego que desbloquease o pago do anticipo, que representa o 75% da anualidade de 2013. A Xunta tardou máis de 6 meses en facelo tras varias comisións de seguimento que se celebraron a petición da Deputación de Lugo.
A Deputación de Lugo paga
A institución luguesa pagou a única parte que por lei se pode aboar ata o momento: o anticipo, que representa o 75% da anualidade de 2013. A Deputación pagou 109.375 euros ós Concellos cumpridores, é dicir, Becerreá, Cervo, A Fonsagrada, Monterroso e A Pontenova. Son 21.875 euros a cada municipio. No caso de Cervo, a institución compensou esta cantidade, posto que este municipio mantén unha débeda de 100.000 co organismo provincial polo recargo do IAE entre 2009 e 2012. Esta débeda é agora de 78.125 euros.
Os servizos xurídicos da Deputación está a avaliar a documentación entregada por Guitiriz, Folgoso do Courel e Quiroga para xustificar o cumprimento do convenio logo das supostas irregularidades cometidas. A Xunta e os propios Alcaldes recoñeceron que en Guitiriz se alteraron as bases do proceso de selección de persoal, cando son “comúns e públicas para todos os Concellos” segundo o convenio. En Folgoso do Courel e Quiroga fixéronse concursos de méritos e non oposicións, resultado contratados familiares da Alcaldesa do Courel, como súa irmá. A Deputación só pagará a estes municipios no caso de que demostren que cumpriron co convenio ó igual que os restantes Concellos. De ser así, ingresaría a Guitiriz 21.875 euros. Trátase do mesmo orzamento que, conxuntamente, pagaría a Folgoso do Courel e Quiroga, posto que comparten GES. Serían 10.937 euros por municipio.
A Xunta responsable
A Xunta é a única responsable do retraso nos pagos ós Concellos de todas as administracións implicadas no funcionamento dos GES. Primeiro, bloqueou totalmente e durante máis de 6 meses as transferencias ós municipios, posto que non determinou no convenio como se tiñan que realizar. Así llo notificou a Deputación de Lugo en maio. Pese a recoñecelo, a Xunta non lle deu solución ata decembro. A partir de entón, púidose aboar o anticipo do 75%.
Agora, segue a manter bloqueado o pago do 25%, correspondente á xustificación, xa que non aclarou que gastos financia cada administración. Segundo a Lei de Subvencións dúas administracións non poden subvencionar os mesmos gastos, por exemplo os de funcionamento ou persoal, polo mesmo importe. Polo tanto, deben fixarse claramente os gastos, importes e conceptos que financia cada administración. En base a isto, os Concellos deberán entregar a documentación xustificativa correspondente a cada administración.
Os GES están financiados nun 60% pola Xunta de Galicia, nun 20% polas Deputacións galegas e nun 20% pola FEGAMP. O seu presuposto na provincia de Lugo para 2013 ascende a máis de 1 millón de euros, 600.000 da Xunta, 200.000 de Deputación e 200.000 da FEGAMP.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



