O equipo de profesionais da FUNDACIÓN EU SON (Fundación para a protección de persoas con discapacidade intelectual de Burela – A Mariña) organiza o vindeiro sábado, 10 de maio, unha comida homenaxe a D. José Crego Casas con motivo de facer un recoñecemento público á súa persoa polo seu compromiso e entrega co colectivo da discapacidade intelectual.
Foi un dos precursores na loita polos recursos e dereitos das persoas con discapacidade intelectual en Burela e na comarca da Mariña. Impulsor na creación e constitución da Fundación Eu Son ( por aquel entonces Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos de Burela- A Mariña) e colaborador no proxecto de creación do Centro Ocupacional.
Esta comida terá lugar no Hotel Palacio de Cristal de Burela a partir das 14.00 h. e o seu prezo é de 38 euros/persoa.
A retirada de tíckets pódese facer dende o mércores 30 de abril ata o mércores 7 de maio, no propio hotel Palacio de Cristal ou na Fundación Eu Son.