A tempada 2013-2014 da Liga de Veteranos de Viveiro está chegando ó seu final. Así, preparan a cea de fin de tempada que terá lugar o venres 6 de xuño no restaurante Louzao a partir das 22.00 horas ó remate da final da Copa, como ven sendo habitual.
Con Gato Pardo e O Recuncho clasificados para cuartos de final; os emparellamentos de oitavos son:
Ó. Joyeros – Soho: luns 26 de maio ás 20.30 horas.
A Curva – Fórum: luns 26 de maio ás 21.15 horas.
Punto Galego – Cofipesca: luns 26 de maio ás 22.00 horas.
Temple – Os Arcos: xoves 29 de maio ás 20.30 horas.
Lodeiro – O Mesón: xoves 29 de maio ás 21.15 horas.
Flanagans – A Fonte: xoves 29 de maio ás 22.00 horas.
Fases finais
Os partidos de cuartos de final celebraranse o xoves 29 de maio ás 22.45 hora e o luns 2 de xuño entre as 20.30 e as 22.00 horas; mentres que as semifinais quedarán emprazadas para o xoves 5 de xuño e a final para o venres 6.
Antes, aínda falta por disputar unha xornada da Liga que enfrontará a:
O Recuncho – A Fonte: luns 19 de maio ás 20.30 horas.
Joyeros – Punto Galego: luns 19 de maio ás 21.15 horas.
Cofipesca – Soho: luns 19 de maio ás 22.00 horas.
Temple – Os Arcos: xoves 22 de maio ás 20.30 horas.
Forum – O Mesón: xoves 22 de maio ás 21.15 horas.
Gato Pardo – Lodeiro: xoves 22 de maio ás 22.00 horas.
Flanagans – A Curva: xoves 22 de maio ás 22.45 horas.
Na xornada anterior os resultados foron:
A Curva 7 – 4 Gato Pardo
O Mesón 4 – 0 O Recuncho
Os Arcos 5 – 8 Forum
Soho 3 – 0 Joyeros
A Fonte 1 – 1 Flanagans
Punto Galego 6 – 4 Temple
Lodeiro 0 – 3 Cofipesca























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
