Burela, 22 de maio de 2014.- Este xoves, o alumnado de 1º de Bach. asistiu na biblioteca do IES Perdouro de Burela a un encontro literario “Modelo Burela”. Nesta ocasión, o protagonista da promoción da interculturalide foi o profesor luso, Pedro Miguel Rocha, tamén coñecido como “o escritor portugués de alma galega”. Chegou á Mariña para presentar en primicia a súa nova obra Contos Peregrinos, para a que contou coa colaboración de tres escritores galegos: Armando Requeixo (o ensaísta especializado na obra de Xosé María Díaz Castro), Carlos Quiroga (docente da Facultade de Filoloxía da USC) e Séchu Sende (o narrador Made in Galiza). Tras este acto a celebrado en Burela, Pedro Miguel Rocha continuará coa súa apretada axenda que o levará á Escola de Idiomas de Ferrol e unha libraría de Santiago de Compostela, onde a cita será ás nove da noite dese mesmo día. Na xornada do día 23 protagonizará un encontro de semellantes características na cidade da Coruña.
Pedro Miguel Rocha (Vouzela, Viseu, 1973) combina tres actividades: profesor de ensino secundario, editor e escritor. Licenciado en Ensino do Portugués e Inglés pola Universidade do Minho, especializouse en Ciencias Documentais e Escrita Literaria –nesete caso no Instituto de Criatividade, Artes e Novas Tecnologias da Universidade Nova de Lisboa. Tras tomar contacto co estudo da nosa cultura na Universidade do Minho (2000), asistiu en 2013 ao curso de Lingua e Literatura Galega ministrado polo profesor Isaac Lourido en Lisboa.
Alén da súa obra narrativa (Juntos Temos Poder (2009); Chegámos a Fisterra (2010); O Eremita Galego (2011); Contos Peregrinos (2014), Pedro Miguel Rocha mantén o blogue “Português de AlmaGalega” co que pretende “Dar a conhecer a Galiza aos países de Língua Portuguesa (e vice-versa), através da partilha de informações, notícias, entrevistas e sugestões culturais”).






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



