ADEGA denunciou en 2012 a expedición masiva (previo pago) de licenzas de caza sen que os titulares pasaran os preceitivos trámites. Estaban implicados funcionarios de Cons. da Natureza na Coruña e custou a “baixa” a García Borregón, ex-director xeral.
Os feitos postos de manifesto en 2012 pola Fiscalía Ambiental do TSXG a denuncia de ADEGA e instruidos polo xulgado nº 3 da Coruña, consistían na masiva concesión de licenzas de caza ilegais por parte do Servizo de Conservacion da Natureza da Coruña.
Estas licenzas déronse presuntamente ao marxe da lei, sen que os “beneficiarios” realizaran o preceitivo exame do cazador, e pagando en compensación unha “mordida” aos conseguidores da administración.
ADEGA esixíu no seu momento o cese o xefe do Servizo de Conservación na Coruña Carlos Muñoz Martínez, e do daquela Director Xeral de Conservación da Natureza García-Borregón, ao parecer titulares tamén de licenzas. Ou non coñecían os graves feitos acontecidos durante anos baixo o seu nariz, ou sabían destas prácticas corruptas e as promoveron ou toleraron.
Hai uns meses a Xunta cesou discretamente (demisión por motivos persoais) a García-Borregón tamén implicado no caso dos masacres de lobos no Barbanza. Tentou tamén dar un perfil baixo ao escándalo e cinguilo á vía administrativa, anulando paseniñamente as licenzas ilegais previa consulta ao Consello Consultivo.
O resultado foi unha auténtica avalancha de peticións de licenzas neste 2014 (e de matrículas para o exame do cazador) que antes era posíbel conseguir pola vía rápida pagando entre 120 e 150€.
Gravísimas implicacións penais aínda non resoltas
Á marxe das responsabilidades político-administrativas, ADEGA denunciou tamén a esistencia de implicacións penais:
Presunta prevaricación, trato de favor, suborno, malversación de caudais públicos, falsidade documental… Alén dun presunto delicto ambiental por canto a práctica da caza en situación ilegal pode ter graves consecuencias para a conservación dos recursos naturais, e tamén presuntos delictos contra a seguridade pública por canto a tenza de licenzas de caza ilegais permite tramitar (e obter) diante da Garda Civil, permisos para portar armas de fogo.
ADEGA persoouse no procedemento aberto pola Fiscalía para coñecer tamén, entre outros estremos:
-Quenes foron os políticos responsábeis de permitir, por acción ou omisión, semellante comportamento corrupto? Era coñecedor o Conselleiro Sr. Hernández destas prácticas? A Dirección Xeral de Conservacion da Natureza nunca detectou que se estaban emitindo licenzas de caza sen pasar o exame do cazador nen pagar as correspondentes taxas? -Cal é o montante do desfalco para as arcas públicas que supuxo non pagar ducias de licenzas durante anos?
-Que implicacións tivo para a conservación das especies faunísticas o feito de que ducias de cazadores estiveran pegando tiros no monte sen acreditar saber como e que poden cazar?























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



