Os propietarios do hotel O Cabazo de Ribadeo, Juan López e Carmen García, asistiron este luns en Santiago ó acto de recoñecemento, ofrecido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ós establecementos que recibiron a Q de Calidade Turística durante o ano 2013. O titular do executivo gallego dixo que estes galardóns se conseguen “grazas á cultura do detalle e ao afán de superación constante nos produtos e nos servizos ofertados”. Juan López e Carmen García estiveron a principios de ano en Fitur recollendo a Q de Calidade Turística e agora viaxaron a Compostela para asistir a este acto ofrecido polo presidente da Xunta.
Recoñecemento ó Cabazo por recibir a Q de Calidade Turística
Recoñecemento ó Cabazo por recibir a Q de Calidade Turística
Relacionado
-
O xoves, 2 de maio ás 20:30h, a libraría Bahía de Foz acolle a presentación – recital sobre o poemario ‘Escribir Silencio’ de José A. Alfonso
-
Charla sobre a Lei de Costas e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Burela
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores