Foz, 5 de maio de 2014. Este mediodía presentouse o programa de actividades da 1ª Festa do Chicharrón, que celebrará en Foz este fin de semana, sábado e domingo. No acto, que tivo lugar na Casa do Concello, participaron o alcalde, Javier Jorge Castiñeira; o concelleiro de Medio Rural e Mar, Pedro Fernández Manín; e o presidente da asociación de comerciantes, industriais e autónomos (Acia) de Foz, José Carlos Paleo.
O rexedor municipal explicou que a primeira Festa do Chicharrón de Foz “celebrarase os días 10 e 11 de maio, o próximo fin de semana, para facer unha exaltación deste produto tan importante para Foz e tan identificado coa nosa vila, que historicamente foi un dos portos mariñeiros con máis tradición na pesca do cerco, de feito aínda temos catro cerqueiros da nosa localidade que se dedican á pesca desta especie: xurelo, chincho ou chicharro, como nos gusta chamarlle aquí. Cremos que este produto é idóneo para exaltalo na nosa vila, porque dende sempre este porto foi identificativo da pesca deste peixe, a día hoxe séguese capturando e de feito temos unha industria, quizais a máis grande de Foz, de transformación e conxelado deste produto”.
Javier Castiñeira destacou que este evento lévase a cabo “en colaboración coa Acia e financiado polo Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal e pola Xunta de Galicia e en colaboración tamén coa confraría de pescadores de Foz, co IES de Foz, que nos axudou a facer unha serie de receitas, e ademais en colaboración directa co Concello de Quiroga, pois vamos facer unha especie de irmandamento entre a 14ª Feira do Aceite de Quiroga e a 1ª Festa do Chicharro de Foz para tratar de unir o interior de Lugo e A Mariña en dúas festas gastronómicas identificativas da nosa provincia”.
O alcalde engadiu que “mañá, día 6 de maio, empezará o programa de actividades: de cinco a sete da tarde en Radio Foz charlaremos con antigas traballadoras da conserveira e mariñeiros de como se fai o chicharro lañado, unha forma de preparar este produto moi típica de Foz, que se degustará os días 10 e 11 de maio na nosa vila. O 7 de maio teremos unha mesa redonda no salón de actos da casa da cultura ás 20 horas cun grupo de personaxes para falar do chicharro e a tradición da pesca do cerco na nosa vila. O día 10 de maio á unha da tarde empezará a degustación nunha carpa que se vai habilitar no Campo da Cabana, barrio tradicional de pescadores e de armadores onde hai unha vinculación importante con este peixe. Empezará coa actuación do grupo folclórico A Subela e despois abriranse as casetas, nas que se poderán degustar tres formas de facer o chicharro típicas na nosa vila: chicharro lañado de Foz con rustrido de aceite virxe extra de Quiroga, que é unha das receitas que ten a ligazón precisamente con Quiroga; chicharro lañado á brasa con cachelos cocidos e chicharro en empanada. Encargarase de facelos o restaurante A Soalta e durante todo o día poderanse degustar eses pratos. Ás sete e media da tarde seguiremos con música a cargo da Rondalla Latexos e ás once da noite empezará a verbena”.
Castiñeira comentou tamén que a festa rematará o domingo, 11 de maio, con estas actividades: “ás 12 e media haberá unha recepción na Casa Consistorial á corporación municipal de Quiroga, con esa especie de irmandamento entre as dúas festas, e á unha presentaremos a XIV Feira do Aceite de Quiroga para A Mariña e abriranse de novo as casetas da degustación de chicharro. Á unha e media haberá animación co grupo folclórico O Feitizo e cando se rematen as existencias dos pratos elaborados con chicharro cerraranse as casetas. O prezo das racións é de 3 euros e o da bebida máis pan é de 1,50”.
“Con moita ilusión iniciamos esta nova festa para tratar tamén de activar a hostalería e o comercio no noso concello e achegarnos aos meses estivais con moi bo pé despois da Semana Santa e da ponte de maio. Aquí vos esperamos a todos o próximo fin de semana en Foz para que gocen da cociña deste peixe típico de Foz como é o chicharro”, rematou o rexedor municipal focense.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



