O Departamento de Música do IES VILAR PONTE de Viveiro acudiu con alumnos de 3º da ESO ao Mosteiro de Celanova para coñecer o seu organo. Alí ademáis de obter unha minuciosa explicación sobre o funcionamento deste instrumento musical, poiderono acompañar interpretando unha serie de pezas musicais á frauta. Logo tiveron unha visita guiada polo Mosteiro, e achegaronse tamén a casa natal do insigne poeta galego Curros Enríquez.. Xa pola tarde, visitaron a Torre Medieval da localidade próxima de Vilanova dos Infantes.
