Ribadeo, 13 de maio de 2014. As antigas fosas sépticas da praia das Catedrais xa son historia. Segundo o edil de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, “deste xeito resólvese un dos graves problemas medio ambientais que había nese areal. Retirando estas fosas, que estaban situadas preto das escaleiras de acceso á praia, evitamos posibles rebordes ao exterior”. Esta mañá unha empresa procedeu á súa extracción.
O concelleiro nacionalista dixo que “cos novos aseos e as novas fosas sépticas, que se atopan preto do aparcadoiro e máis lonxe da praia, evitaremos cheiros, evitaremos a saída de auga con color e tampouco haberá rebordes porque as novas fosas están totalmente seladas”.
Horacio Cupeiro atópase moi satisfeito “por ter conseguido facer esta obra. Deste xeito rematan os problemas que viñan xerando ano tras ano durante a época estival as vellas fosas sépticas das Catedrais”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



