Mondoñedo (Lugo), 2 de maio de 2014. A tradicional feira das Quendas que se celebran na cidade de Mondoñedo, e que rematan mañá “estase convertendo nun autentico referente nas celebracións festivas da Mariña de Lugo”. Así o expuxo Miguel Souto, Presidente da Comisión Organizadora das mesmas “estamos gratamente sorprendidos do éxito de publico e a boa acollida por parte de tódolos mindonienses e de tódolos participantes nas actividades programadas este ano”, dixo.
O xoves 1 de maio celebrouse o roteiro poético polas rúas da cidade “un auténtico espectáculo cultural das palabras en estado puro, ademais, nun marco incomparable como Mondoñedo”, relatou Souto “un evento que seguro que terá continuidade en vindeiras edicións”.
O programa das festas remata este sábado cunha exhibición de hípica (concurso de salto) que se celebrará no recinto da Granxa, ademais da actuación na Alameda dos Remedios da Orquestra Los Players e o concerto estelar no Auditorio de Mondoñedo da cantante de Paula Rojo.
Tamén haberá ás 12.30 horas unha exhibición de Showcooking de cociña con Poldro galego na Alameda, no que se elaboraran 2 receitas, co fin de dar a coñecer as posibilidades deste produto á hora de cociñar. Este evento será realizado pola bogueira gastronómica Rocío Garrido Caramés quen recibiu o premio Gourmand World Cookbook pola súa publicación “Cociñando coas razas autóctonas”.
Xa pola tarde ás 19:00h celebraráse a CARREIRA POPULAR POLA NATUREZA, “Ruta da Auga” (9 Kms. de percorrido), onde se espera que participen máis de 100 atletas.
Os membros da concentración das caravanas que visitaron este ano As Quendas foron mais de 50, e foron recibidos no Concello de Mondoñedo polas Autoridades.
Paula Rojo presenta “Érase un sueño”
A cantante asturiana Paula Rojo (Oviedo, 1990), presentará nas Quendas o seu álbum debut “Érase un sueño”. A cantautora asturiana de country e pop acadou popularidade trala súa participación na primeira edición do programa de televisión musical La voz (España), emitido por Telecinco. Rojo colaborou con músicos como Ramón Arroyo (Los Secretos), Juan Carlos Fuguet, Raúl Márquezo do grupo”The Wild Horses”. O concerto celebrárase no Auditorio de Mondoñedo, e as entradas que terán un importe de 10 euros.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



