Lugo, 4 de maio de 2014. O presidente do PP de Lugo e voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro, aproveitou a presenza do candidato galego ás eleccións europeas, Francisco Millán Mon, na Xunta Directiva Provincial, para animar a todos a mobilizarse de cara o 25- M e co fin de evitar a abstención.
Barreiro explicou que se trata dunhas eleccións importantes para o PP non só pola importancia que ten garantir o avance das políticas postas en marcha co fin de recuperar económicamente este país senón tamén a nivel interno e insistíu en que entre o 70 e 80% da lexislación á que estamos sometidos ven da UE.
“É fundamental participar nas decisións que se adopten en Europa e solo o PP pode facer iso; de aí a importancia destes comicios e de apoiar aos nosos candidatos”- esgrimíu.
Ante alcaldes, presidentes locais e demáis representantes do PP de Lugo, o líder dos populares nesta provincia afirmou que ningún candidato galego de calquer partido pode acreditar a formación e a experiencia dos nosos e remarcou que son os elexidos polo partido para representar a España en Europa porque teñen capacidade para iso.
O presidente provincial insistíu en que é fundamental participar nas decisións que se adopten en Europa e solo o PP pode facer iso; de aí a importancia destes comicios e de apoiar aos candidatos do PP.
O popular describíu o 2012 como o ano da UCI e o 2013 como o do bon camiño e salientou que coa boa xestión de Mariano Rajoy e co esforzo de todos conseguimos evitar o rescate.
Concluíu Barreiro manifestando que como partido “vamos a traballar como si dunhas eleccións municipais se tratase porque o futuro de Lugo, Galicia e España xógase en Europa”.
TILDA DE “CARA DURA” AOS SOCIALISTAS POR FALAR DE PENSIÓNS
O presidente do PP de Lugo e voceiro do PP no Senado criticou que os socialistas falen de protexer as pensións cando foron eles os que as puxeron en quebra.
“Á Señora Valenciano deberíalle caer a cara de vergonza falar das pensións” manifestou Barreiro, quen afirmou que o único partido que conxelou e puxo en risco o sistema público das pensións foi o partido ao que pertence, ao PSOE.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



