O Burela Pescados Rubén suma un novo derbi no seu casilleiro tras vencer con autoridade ao Pescamar Poio por 1-7. O derbi comezou coa escuadra pontevedresa moi activa ante un conxunto mariñán que lle custaba atopar o ritmo. O Poio aproveitou esta circunstancia para adiantarse nos primeiros minutos (1-0) cun potente disparo de Ceci que se coou pola escuadra laranxa.
O tanto local provocou a reacción mariñana e Bea Mateos igualou o choque aos poucos minutos. Co 1-1 as pontevedras comezaron a desinflarse ante un Burela Pescados Rubén que comezou a exercer a súa superioridade. Claudia marcou o 1-2 que deu paso ao vendaval goleador laranxa, Daniela por partida dobre e Peque sentenciaron o derbi antes do descanso (1-5).
Tralo paso por vestuarios, as pupilas de Quico Otero manexaron o tempo do encontro ao seu antollo ante un Pescamar Poio que apenas xerou inquietude na meta de Patri. Daniela conseguiu o 1-6, hat trick da colombiana, e Paula celebrou a súa volta á pista cun zapatazo que supuxo o definitivo 1-7. Vitoria e tres puntos que manteñen a diferenza respecto ao líder, Atlético de Madrid, que con apuros acadou o triunfo (3-4) no derbi madrileño ante o Móstoles.
Ficha técnica
Poio Pescamar: Carmen; Quico, Ceci, Claudia, Charo –cinco inicial- Nerea, Elena, Peque, Yoli e Paloma.
Burela Pescados Rubén: Patri; Bea Mateos, Daniela, Peque, Claudia –cinco inicial- Cristina, Lidia Mesias, Silvia, Lara, Maite e Paula.
Goles: 1-0, m.5, Ceci; 1-1, m.8, Bea Mateos; 1-2, m.12, Claudia; 1-3, m.15, Daniela; 1-4, m.16, Daniela; 1-5, m.18, Peque; 1-6, m.31, Daniela; 1-7, m.35, Paula.
Árbitros: Cid Bragado e García Rodríguez do colexio galego. Amosaron cartón amárelo a Bea Mateos do Burela Pescados Rubén.
Incidencias: Encontro correspondente a xornada 27 de Primeira División, disputados no pavillón municipal de Poio. 700 espectadorees.
*Fotografía: A Caixa Escura.