Tempada histórica. Guiados por Juanlu Alonso, que tras salvar ao equipo do descenso na tempada anterior, logrou na actual a primeira clasificación da historia do club burelés para o Play Off polo título de Liga de Primeira División. A escuadra laranxa que cumpre a súa segunda tempada na máxima categoría, acadou o pase ao Play Off tras unha brillante segunda volta na que foi o cuarto mellor equipo da competición.
O Burela Pescados Rubén disputa o segundo encontro de cuartos de final Play Off polo título de Liga de Primeira División o venres 16, 21.00 horas, no Palacio dos Deportes de Murcia. ElPozo Murcia ten a eliminatoria ao seu favor (1-0) trala vitoria lograda en Vista Alegre e conta con dúas oportunidades como local para conseguir o pase a semifinais. Malia todo, o Burela Pescados Rubén pelexará por levar a eliminatoria a un terceiro encontro que se disputaría o domingo 18, 12.00 horas.
O duelo ante os murcianos preséntase como un desafío de envergadura. Remontar a eliminatoria ante un dos grandes do Fútbol Sala que ademais converteu o Palacio dos Deportes nun auténtico fortín inexpugnable….. case inexpugnable… porque hai un equipo que logrou bater aos murcianos na súa casa e non é outro que o Burela Pescados Rubén. Os pupilos de Juanlu derrotaron a ElPozo Murcia durante a Liga Regular (3-4) sendo o único conxunto que o conseguiu.
O desafío é complicado? Si. Imposible? Si o consigues unha vez, é que podes repetilo. Para reeditar a xesta, o técnico burelés manifestou que “somos conscientes da dificultade pero imos competir e con ánimos de revancha. Para iso debemos mellorar en todo respecto ao encontro en Vista Alegre, pero especialmente en defensa. A través do aspecto defensivo debemos comezar a fundamentar nosas opcións ofensivas e ser efectivos para ter opcións de vitoria e chegar ao terceiro partido”.
CONVOCATORIAS
Burela Pescados Rubén: Edu, Brais, Isi, Christian, Antoñito, Burrito, Matamoros, Álex, Mimi, Carlitos, Iago Míguez e Juanma.
Baixas: Hugo. O xogador laranxa desprazouse coa expedición pero tras resentirse do menisco do xeonllo dereito non poderá estar a disposición do equipo.
ElPozo Murcia: Fernan, José Ruiz, Juampi, Jesús, Bebe, Fabio, Kike, Adri, Raúl Campos, Eka, Gréllo, Franklin, Rafa e Saura.
Baixas: Álex e Miguelín.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
