Santiago de Compostela, 04 de maio 2014.- O programa de dinamización lingüística FalaRedes, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, está a fomentar o uso do galego na ponte festiva da man da obra de teatro As fabas máxicas, que este domingo chega ao concello coruñés de Corcubión tras visitar o xoves Lourenzá e o sábado Cerceda.
Coa colaboración da Mancomunidade de Fisterra, o espectáculo de Caramuxo Teatro que ofrece unha nova versión do coñecido conto infantil Xan e as fabas máxicas fará parada hoxe en Corcubión, cunha función ás 12:30 horas na Casa da Cultura. Coma sempre en FalaRedes, o acceso é libre e de balde ata completar a capacidade das salas, poñéndose as entradas a disposición do público o mesmo día no lugar da actividade.
As fabas máxicas é a segunda proposta do FalaRedes 2014, e con ela perséguese que a cativada se achegue á dramaturxia na nosa lingua por medio dunha peza de coidada estética na que o humor, a emoción e a palabra van da man.
Teatro para nenos e nenas a partir de 4 anos
Dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos de idade, As fabas máxicas é un espectáculo contado en primeira persoa, no que o propio Xan nos narra a súa sorprendente historia coa axuda duns simpáticos monicreques e co galego como lingua.
Tras criarse na aldea con súa avoa, Xan vive agora de adulto nun apartamento de Nova York. Un día, coidando as plantas da súa terraza, descobre algo que lle fai lembrar unha infancia chea de aventuras.
Logo das paradas desta ponte festiva nos concellos coruñeses de Cerceda e Corcubión e no lucense de Lourenzá, o espectáculo de Caramuxo Teatro continuará coa súa xira polas localidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. Así, durante este mes de maio visitará os concellos do Rosal, Xove, Ordes, Brión, Val do Dubra, Noia e A Pobra do Caramiñal. Xa en xuño, Xan e os monicreques de Caramuxo Teatro atoparanse coa veciñanza de Vilalba, Celanova, Tui, Lalín, Ponteceso, A Veiga, Cee e Pontedeume.
FalaRedes
Ata finais de ano, FalaRedes 2014 chegará durante as fins de semana e os festivos á totalidade de concellos da RDL, reforzando así a súa oferta de ocio na lingua propia de Galicia. A Rede de Dinamización Lingüística é unha iniciativa impulsada polo Goberno galego para unha mellor planificación e coordinación do fomento do noso idioma no eido da Administración local, e que na actualidade conta con preto de 160 entidades adscritas.
Máis información sobre FalaRedes 2014 no web institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística www.xunta.es/linguagalega/falaredes_2014 e nas redes sociais.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



