O xornal trouxo a triste nova, que nos deixou abraiado. Juan Queralt era un artista plástico catalán que dende había uns meses realizaba un gran mural na basílica de San Martiño, en parede interior, do que será o museo da mesma, que reproduce composición de cautivadora escena rosendiana. Fondo admirador do Quixote, levouno a concebir a súa obra preferida, “El Quijote y los valores humanos”, que en 1998, o Instituto Cervantes amosou por Europa e América, erixíndose en apóstolo da obra cervantina, atraído non só pola transcendencia literaria, senon como guía de comportamentos humáns, cuxa lección, a través do traballo pictórico e doutras actividades didácticas , pretendía espallar na sociedade, con especial incidencia na xente moza. Daí que a promoción dela incidira mais en centros de ensino e universidades, algunhas galegas, presentando a alunos e profesores a ilusionada e altruista iniciativa, que se afanaba en achegar ás institucións da nosa bisbarra. Un día Queralt descubríu a personalidade engaiolante de San Rosendo, bispo de San Martiño, persoeiro excepcional da Galicia do s.XIII e quedou prendado del e dos seus esforzos por erradicar a esclavitude, e tras plasmar a súa homenaxe no mosteiro de Celanova, por él fundado, pensou que o seu maior esforzo na honra do mesmo debería quedar para sempre no cenobio focego.Daí que o artista se establecera no vello mosteiro para realizar in situ o ilusionado proxecto. Dende a chegada entablamos amistosa relación, integrandose na tertulia que cada día mantemos un grupo de amigos, arredor do primeiro café da xornada, na que privan as conversas sobres artes plásticas e outros campos da cultura; en ocasións compartimos mesa e manteis e os seus amigos seguiamos con interese a marcha da singular vivencia. Un día que o chamamos, o que era habitual, sorprendeunos que respostara desde un hospital de Barcelona, a onde se trasladara ó sentir unha estrana molestia. Na medida do posible mantímonos atentos á evolución da doenza. E, de súpeto, a derradeira nova: finou Juan Queralt, un home que xa se fixera popular na Mariña. Unha mágoa!.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



