Barreiros, 22 de maio de 2014.- O alcalde, Alfonso Fuente, visitou as obras que se están a realizar en varios vieiros municipais a través do PEIM da Xunta. Os traballos supoñen un custe de 50.000 euros.
O rexedor contou que “hoxe cursamos visita ás obras que se están a realizar no concello de Barreiros, que son neste caso arranxos de estradas e camiños municipais. Si fixeron obras no Camiño Real en San Miguel de Reinante, un vieiro que estaba en bastante mal estado, era estreito, se canalizou unha cuneta… se gañou ancho a ese camiño e penso que foi unha reparación importante e que dará servizo a esas casas, incluso pode servir coma paseo paralelo á N-634 e que é bastante menos perigoso que pasear á beira desa estrada nacional”.
Fuente Parga sinalou que “se fixeron outros arranxos en San Pedro de Benquerencia e tamén se acometerán obras na zona de San Xusto, alí aínda non comezaron, pero seguiremos a supervisar porque aínda que nos proxectos aparecen unha serie de camiños todos aqueles que están preto e que precisan un pequeno arranxo se están a facer”. O rexedor subliñou que “a rede viaria municipal é moi ampla e imos pouco a pouco manténdoa grazas, como neste caso, ao PEIM da Xunta”.
O investimento que se está a realizar ascende a 50.000 euros.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



