Burela, 9 de maio de 2014. A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, será a encargada de inaugurar este sábado ás 11:30 horas o encontro de palilleiras, que se celebrará en Burela. O alcalde, José Mª González Barcia, destaca a importancia que o evento ten para a promoción do concello no exterior.
O rexedor sinalou que “onte e hoxe tivemos a oportunidade de participar en debates sobre a problemática da pesca, tanto no presente como de cara ao futuro, e mañá máis de 500 palilleiras e encaixeiras vidas de todo Galicia e incluso de fóra da nosa comunidade autónoma van participar neste encontro que, por terceiro ano consecutivo, se celebra na nave de redes e se organiza de forma conxunta entre a Fundación Expomar e a asociación de mulleres encaixeiras e palilleiras de Burela”.
González Barcia dixo que “para nosoutros evidentemente é un motivo importante para estar apoiando a presenza de tantas persoas en Burela, porque iso axuda a dinamizar a economía local e, por outra parte, porque contribúe a promover o noso concello de cara a outros puntos da xeografía galega. Polo tanto, en primeiro lugar temos que agradecerlle e recoñecerlle o traballo á xunta directiva da asociación de mulleres encaixeiras polo ben que están facendo as cousas e evidentemente reiterar o noso compromiso, tanto dende a Fundación Expomar como dende o Concello, para colaborar con elas e para que este encontro siga celebrándose en próximos anos e, se cabe, aumentar a súa participación”.
O encontro de palilleiras de Burela será inaugurado mañá, sábado, ás 11:30 horas pola secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella: “creo que coa súa presenza aquí ratifica o apoio da administración autonómica, do goberno que preside Alberto Núñez Feijóo, a unha actividade como a do encaixe, que ten moita vinculación coa cultura mariñeira e que evidentemente nos últimos tempos se está espallando por toda Galicia con intensidade. Polo tanto vaia dende aquí tamén o noso recoñecemento e agradecemento á secretaria xeral de Igualdade, que representa á Xunta de Galicia, por vir a Burela apoiar unha iniciativa feita por mulleres, para mulleres e que o que pretende é, por unha parte, realizar unha actividade de ocio que consideramos positiva e, por outra parte, contribúe a promover o noso concello de forma importante de cara ao exterior”, manifestou o rexedor burelés.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



