Barreiros.- 02 de maio de 2014.- Mariñapatrimonio ven de comunicarlle ao Servizo de Patrimonio da Xunta de Galiza a existencia na praia de Benquerencia dunha posible tumba antropomorfa, labrada na rocha e de época medieval.
O pasado 20 de abril Pablo, veciño de Ribadeo, informou a Mariñapatrimonio de que na praia de Benquerencia, concello de Barreiros, vira unha rocha labrada que semellaba unha tumba medieval. Despois de visitar o lugar, a citada asociación contactou con varios arqueólogos, que coincidiron en que a rocha fora labrada pola man do home e descartaron totalmente a posibilidade de que se trate dunha oquedade natural. Así mesmo, as medidas: 1,60cm de longo; 40cm de ancho, onde irían os pés e 50cm no lugar dos ombreiros, coinciden coas medidas habituais neste tipo de sepulturas. Outro dato que salientaron os arqueólogos é a orientación da tumba, posto que estes enterramentos medievais maioritariamente estaban orientados oeste-leste, coma se o defunto mirase cara á saída do sol.
Agora cómpre realizar os estudos pertinentes que ratifiquen esta hipótese e que, de confirmarse, estariamos ante un novo achado arqueolóxico descuberto grazas á colaboración de particulares, concienciados da importancia que ten dar a coñecer o noso patrimonio.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



