O desafío continúa. Hai terceiro partido en Murcia trala brillante vitoria do Burela Pescados Rubén ante ElPozo Murcia (3-4). O deporte, se o mereces, acostuma a conceder outra oportunidade e no Palacio dos Deportes de Murcia a escadra guiada maxistralmente por Juanlu Alonso presentouse con espírito de revancha para citarse co destino e repetir a fazaña de asaltar o feudo murciano. Por segunda vez na tempada e con idéntico marcador (3-4). Cando case todos enterraran ao Burela Pescados Rubén, uns poucos mantiveron a confianza e o equipo mariñán demostrou a súa coraxe e determinación para igualar a eliminatoria (1-1) de Cuartos de Final do Play Off polo título de Primeira División. Un club de pobo segue pelexando entre os mellores. Quizais se logre o desafío ou quizais non, pero o Burela Pescados Rubén volveu a escribir unha páxina dourada na súa curta traxectoria.
O reto segue sendo compricado pero a histórica vitoria do Burela Pescados Rubén no Palacio traslada toda a presión a un conxunto murciano que viu como os laranxas asaltan por segunda vez o seu mítico fortín. O encontro pouco ou nada tivo que ver co de Vista Alegre, sen ataduras os de Juanlu Alonso xogaron un auténtico partidazo. Malia que Franklin adiantou ao seu equipo (1-0) os bureleses responderon con determinación. Matamoros, o killer laranxa, tirou de clase para bater a Rafa (1-1) e avisar que o Burela Pescados Rubén non ía ser unha comparsa nesta festa do Fútbol Sala. A escuadra galega mostrouse moi compacta en defensa e ao descanso chegouse coas táboas no marcador.
Na continuación, os bureleses reforzaron a súa moral co 1-2 logrado por Iago Míguez nun contragolpe perfecto. O nerviosismo apareceu nas filas murcianas que aumentou co 1-3 de Christian, minuto 34. Este non era o guión que tiña en mente ElPozo Murcia que se viu obrigado ao xogo de cinco con Adri de protagonista nun minuto de infarto. Recortou distancias (2-3) e marcou en propia porta (2-4).
Recta final do choque cun Burela Pescados Rubén que logrou capear o empuxe final dos murcianos tralo 3-4 conseguido por Kike e lograr un glorioso triunfo para o recordo. O seguinte capítulo escríbese o domingo 18, ás 12.00 horas no Palacio dos Deportes de Murcia. ¿O desafío é complicado? Si. ¿Imposible? Se o consegues dúas veces, é que podes repetilo.
Declaracións post-partido
O vicepresidente do club, José Luis Sáez, manifestou tralo encontro que “fai dúas tempadas xogabamos o Play Off para o ascenso a Primeira División e o domingo xogaremos pola semifinal da mellor liga do mundo grazas a un persoal loitador guiado excepcionalmente por Juanlu e Mera. Nestes momentos de ledicia quero agradecer a toda a grada de Vista Alegre o seu apoio incondicional durante todo o ano , este triunfo tamén é deles”.
Juanlu Alonso declarou que a vitoria se fundamentou “na defensa e no factor emocional xa que estabamos feridos trala derrota en Vista Alegre, sobre todo pola forma en que perdemos. ElPozo presentouse en Burela ferido trala derrota da Copa do Rei e un gran rival ferido é moito máis perigoso. Xogar de ti a ti a un equipazo como eles é arriscado e quizais non estamos aínda preparados para iso”.
Respecto ao terceiro partido indicou que “a nosa baza pasa por xogar un partido coas características desta noite. ElPozo intentará corrixir erros, Somos profesionais e queremos competir. Está claro que eles son os favoritos pero faremos todo o posible por gañar”.
*Foto: LNFS.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
