Cervo, 14 de maio de 2014- O CD San Ciprián comezará unha nova etapa despois da remodelación do campo de fútbol municipal da Veiga. A modernización do terreo de xogo, coa instalación de herba artificial e outras melloras, abre grandes posibilidades que o club quere aproveitar ao máximo. Por iso, esta entidade deportiva, xunto co Concello, inicia hoxe unha campaña para captar xogadores, dirixida a todas as categorías do fútbol base, dende benxamín, alevín e infantil ata xogadores nados entre o 1996 e o 2000.
Unha campaña que inclúe charlas explicativas que tiveron lugar hoxe nos dous colexios de primaria do municipio (ás 11:30 foi a primeira no CEIP Cervo nº1 de San Ciprián e ás 15 horas a segunda no CEIP de Cervo). Uns actos que concluirán cunha presentación oficial aberta aos pais e nais prevista para este venres, ás 20 horas, no Auditorio da Casa da Cultura.
Unhas actividades coas que o Club Deportivo pretende chegar tanto aos posibles xogadores como aos pais e nais para que estean informados e coñezan as novas posibilidades que se abrirán coa mellora do campo. En concreto, o club pretende ampliar as perspectivas deportivas, conformando equipos en todas as categorías, máis horas de adestramento, a organización de ligas e campionatos e todas aquelas melloras que ata o de agora non eran posibles polas limitacións do campo de herba natural, que non permitían un uso intensivo. Unhas actividades que serán gratuítas, incluídas as equipacións, polo que o único requisito para xogar nun equipo será facerse socio do club.
Durante esta campaña, e en concreto durante as charlas que tiveron lugar este mércores, o edil de Deportes, Luis Guillén e o representante do club, Manel Leal, explicaron as grandes vantaxes que terá para os nenos a súa entrada no CD San Ciprián. “A remodelación do campo de fútbol da Veiga non é só unha mellora estrutural. Un terreo de xogo sempre dispoñible, sempre en bo estado, que permite un aproveitamento continuado, de día e de noite, fai posible que o Club Deportivo San Ciprián siga traballando e crecendo. Un campo que estará dispoñible para todos os clubs e persoas que desexen utilizalo co obxectivo de que se beneficie del toda a sociedade cervense” asegura Guillén.
Da mesma maneira, o edil de Deportes e o representante do club defenden a necesidade de “crear canteira con xogadores do concello, conseguindo que a nosa xuventude atope no San Ciprián unha opción atractiva para a práctica de fútbol, sempre traballando dende as categorías de base como forma tamén de seguir acadando éxitos nas superiores” asegura Manel Leal, facendo referencia ao ascenso a Primeira Autonómica da categoría sénior.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
